Vicente Manuel Cociña
Vicente Manuel Cociña Vizoso, nado en Celeiro (Viveiro) o 13 de febreiro de 1818 e finado en Córdoba o 29 de abril de 1854, foi un político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1818 Celeiro, España |
Morte | 29 de abril de 1854 (36 anos) Córdoba, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Familia | |
Fillos | Camelia Cociña de Llansó |
Traxectoria
editarRealizou os seus primeiros estudos no Colexio da Natividade de Viveiro e despois Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1842 foi elixido presidente da Academia Literaria de Santiago. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o periódico El Centinela de Galicia (1843). Tiña en proxecto a edición do periódico El Órgano del Siglo Veinte en Santiago de Compostela, aínda que non chegou a ver a luz. Foi deputado por Viveiro en 1850 e 1853. Dirixiu El Oriente de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, onde tiña como compañeiros de redacción a Tiburcio Faraldo e Luís de Trelles. A inserción de determinados artigos considerados demasiado combativos neste xornal motivou a súa persecución e a dos xornalistas que traballaban nel. Como consecuencia fuxiu a Córdoba, onde faleceu.
Atribúeselle a autoría da Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846)[1] inda que tamén se atribúe a José Rúa Figueroa.
Obras
editar- Un sueño en Estambul en el año 1550, 1840.
- Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español, 1841.
- Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842, 1842.
Vida persoal
editarCasou con Concepción Riveira e foi pai de Aliatar, Acacia e Camelia Cociña Riveira.
Notas
editar- ↑ Porto, Juan do (1846). Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia (en castelán). Madrid: Imprenta de la Viuda de Burgos. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2021. Consultado o 20 de xaneiro de 2018.[1]
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1951). "COCIÑA, Vicente Manuel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 285.
- Rivera, Chencho (1998). Vicente Manuel Cociña. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Promoción Cultural. ISBN 84-453-2312-1.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.