Vertixe Sonora Ensemble
Vertixe Sonora é un conxunto de cámara galego fundado no 2010. Trátase dunha agrupación especializada en música clásica contemporánea que funciona como plataforma cultural e como grupo instrumental. O seu labor recolleuse no documental Correspondencias Sonoras (2013) do cineasta Manuel del Río.[1]
Vertixe Sonora Ensemble | |
---|---|
Período | 2010-actualidade |
Xénero(s) | música contemporánea |
Artistas relacionados | Ramón Souto |
Na rede | |
https://vertixesonora.gal |
Traxectoria
editarA agrupación creouse no 2010, por iniciativa do compositor vigués Ramón Souto. Vertixe Sonora Ensemble concibiuse como un colectivo flexible formado por un grupo de solistas especializados en música contemporánea que foran capaces de tocar en combinacións de instrumentos variadas, con maior versatilidade que formacións tradicionais e maior implicación por parte dos instrumentistas. Toma forma en torno ao núcleo instrumental do saxofonista Pablo Coello, o percusionista Diego Ventoso e o pianista David Durán, tres músicos galegos de ampla traxectoria no campo da música de vangarda, para aglutinar a artistas sonoros experimentais, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e artistas do teatro e a danza.
Vertixe Sonora desenvolve unha programación propia e diversificada. Destaca desde os seus comezos o ciclo Música y Arte: Correspondencias Sonoras no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela, encontros entre música e arte onde teñen cabida todas as expresións creativas actuais co o obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Se en edicións anteriores o CGAC acolleu ata trinta estreas absolutas ligadas directamente ás súas exposicións, durante o 2014 sumáronse once novas obras comisionadas por Vertixe Sonora Ensemble. Do 2014 destaca tamén a participación nas Xornadas de Música Contemporánea, onde estrearon catro obras novas de compositores españois baixo a dirección de Baldur Brönnimann así como a súa intervención no Festival Carmelo Bernaola de Vitoria.Festival Carmelo BernaolaArquivado 10 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
2013 parece ter sido o ano da consolidación de Vertixe Sonora Ensemble. Despois de dúas tempadas con concertos circunscritos á cidade de Santiago de Compostela (xa fora no Centro Galego de Arte Contemporánea, no festival Via Stellae, ou nas renacidas Xornadas de Música Contemporánea), os seus programas visitan neste ano diversas urbes (ademais da súa exitosa cita co Festival SON o mes de marzo en Madrid e co VIII Festival SMASH en decembro en San Sebastián), acadando case os vinte concertos cos máis variados formatos de interacción entre arte, pensamento e música.[2] En 2013 estrearon tamén o Festival Internacional de Creación Contemporánea de Música VertixeVigo, cunha programación que abarca concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada, intervencións en espazo público, instalacións sonoras, obradoiros especializados, cursos de divulgación e actividades de dinamización para os máis novos.[3]
A súa participación como agrupación residente (ata 2016) no festival da Universidade de Santiago de Compostela, son[UT]opías[4] levoulles a colaborar co singular conxunto Atlas Ensemble en 2013 e co compositor xaponés Toshio Hosokawa no 2014[5]
Desenvolven o Instituto Galego de Sonoloxía, unha plataforma para investigar a experimentación sonora cos novos medios, e organizan os cursos de divulgación musical Aguzar o oído (MARCO, Vigo). Comparte o mesmo carácter divulgativo e renovador del público de música clásica o ciclo Do Audible en diferentes localidades, que procura tender pontes entre a música contemporánea e outros campos de expresión como a ciencia, a arte ou o pensamento.[6]
Repertorio
editarO repertorio de Vertixe Sonora Ensemble fórmase esencialmente de obras creadas especialmente para o grupo. Compositores como Víctor Ibarra, Germán Alonso, Joan Arnau Pàmies, Esaias Järnegard, Alexander Khubeev, Lula Romero, Alireza Farhang, Stefan Prins, Santiago Díez Fischer, Henrik Denerin, Hugo Morales Murguía, Malin Bang, Fran MM Cabeza de Vaca, Diana Rotaru, Mauricio Pauly, Bernardo Barros, Simone Movio, Daniel Figols, Matthias Kranebitter, Dmitri Kourliandski, Nadir Vassena, González Compeán, George Dousis, Hernández Ramos, Zesses Seglias, [[Sergio Blardony]], Charles-Antoine Frèchette, Martín Herraiz, Fernando Garnero, Marek Poliks, Sabrina Schroeder, Takuto Fukuda, Benjamin Scheuer, Lou Michelle, Stefan Beyer, Fusum Koksal, Santiago Quintáns, Miguel Matamoro, Xoán Xil, Jacobo Gaspar ou o propio Ramón Souto son algúns dos que teñen colaborado e traballado directamente co ensemble.
Integrantes
editar- Roberto Alonso, violín
- Adriana Aranda, soprano
- Rubén Barros, guitarra eléctrica
- Jesús Coello, fagot
- Pablo Coello, saxofóns e dirección musical
- Carlos Cordeiro, clarinetes
- Carlos Cortés, trompeta
- Sara Chordà, violoncello
- Maribeth Diggle, soprano
- David Durán Arufe, piano
- Ángel Faraldo, electrónica
- Iván Ferrer-Orozco, electrónica
- Pilar Fontalba, oboe
- Jorge Fuentes, trompa
- Carlos Gálvez, clarinetes
- Aglaya González, viola
- Bleuenn Le Friec, arpa
- Simon Lewis, trompa
- Nuno Marques, guitarra eléctrica
- Carlos Méndez, contrabaixo
- María Mogas, acordeón
- Keiko Murakami, frautas
- Alfonso Noriega, viola
- Sérgio Pacheco, trompeta
- Hugo Paiva, violoncello
- Thomas Piel, violoncello
- Iago Ríos, trombón
- Clara Saleiro, flautas
- Helena Sousa, acordeón
- Haruna Takebe, piano
- Daniel Veiga, clarinetes
- Diego Ventoso, percusión
Discografía
editar- 2016 - XXVII Premio Jóvenes Compositores. Fundación SGAE-CNDM. Pedro Amaral, director
- 2019 - Lula Romero: ins Offene. Wergo
- 2020 - Víctor Ibarra: The Dimension of the Fragile - Works for Ensemble. Nacho de Paz, director. NEOS
- 2023 - Camilo Méndez: Peripheral Spaces. NEOS
Documentais
editar- 2013 - Correspondencias Sonoras. Manuel del Río
- 2014 - son[UT]opías. CampUSCulturae
- 2020 - Enrique X. Macías. A lira do deserto. Manuel del Río
ISCM - España
editarVertixe Sonora recupera en 2021 a sección española na ISCM (International Society for Contemporary Music). Dende entón representa anualmente a España nas asembleas xerais, comisións e calquera das diferentes iniciativas que se organizan no eido da ISCM, contribuíndo activamente á promoción dos compositores españois e dos seus traballos.
Notas
editar- ↑ http://www.filmaffinity.com/es/film208639.html
- ↑ Yáñez, Paco. 14/06/2013. Aquelarre acústico-electrónico. Mundoclásico
- ↑ "Vigo estrena festival de música" Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine., artigo de B. R. Sotelino, en La Voz de Galicia, 26 de setembro de 2013.
- ↑ Yáñez, Paco. 27/06/2013. son[UT]opías I. [1] Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Mundoclásico
- ↑ G. Balado, Ramón: "Toshio Hosokawa: Los sonidos y las palabras" Arquivado 13 de agosto de 2014 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 2 de agosto de 2014 (en castelán).
- ↑ Artigo de Lorena Rodríguez en El Correo Gallego, 14 de xuño de 2014.