Ramón Souto

compositor español

Ramón Souto Caride, nado en Vigo o 21 de abril de 1976, é un compositor musical galego. É o director artístico do Vertixe Sonora Ensemble desde a súa creación.

Ramón Souto
Nome completoRamón Souto Caride
Data nacemento21 de abril de 1976 (47 anos)
Vigo Galicia Galicia
Nado enVigo
OcupaciónCompositor
XéneroMúsica contemporánea
Relacionado conVertixe Sonora Ensemble
Tempo en activo2003 — actualidade
Na rede
Sitio Web Oficial de Ramón Souto
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Despois de se formar en CSM Vigo e o CLEM Barcelona, colabora co grupo de teatro Artello compoñendo música para os seus concertos "Fábula e "Polgariño. Forma parte da BAUR, plataforma experimental que alterna a improvisación libre, o rock progresivo e o free jazz.

En paralelo presenta o seu traballo en encontros e festivais importantes como o Latin American Composers Festival Injuve, Villafranca, Acanthes, Festival de Música española de Cádiz. En 2008 recibiu a mención de honra no Concurso Internacional de Composición de Ossia (Nova York).

Colaborou con artistas como Yi-Chung Chen, Juan Carlos Garvayo ou Donatienne Michel-Dansac, e con poetas como Jorge Riechmann.

Actualmente, é profesor de música no IES de Mos.

Obra[1][2] editar

 
Ramón Souto nun concerto.
  • Orchestra: Todo lo que le hice a TOTOLA aquella noche
  • Ensemble instrumental: Sexteto, In Sospenso, Fricción, Construcción de un verso, Hikmet habitado.
  • As obras dun único instrumento: Mi gran dolor americano.
  • Vocal Works:
    • Mixto a capella: 2 poemas corais, 6 primeiros poemas, xogos de nenos e Quer pouco.
    • Voz e piano: 2 poemas e 5 cancións.
  • Electro: Backettianas 1 e 2.
  • Theatre Music: De fábula e polgariño.
  • Projets Vertixe Sonora Ensemble[3].

Notas editar