Verrucomicrobios
Verrucomicrobios | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
Clases, ordes, familias, xéneros | |||||
Methylacidiphilaceae ♠
Chthoniobacterales
Opitutales Choo et al. 2007
Verrucomicrobiales Ward-Rainey et al. 1996 emend. Yoon et al. 2008 |
Os verrucomicrobios ou Verrucomicrobia (ou Verrucomicrobiota) son un filo de bacterias recentemente descrito. Este filo contén só unhas poucas especies descritas; un exemplo é Verrucomicrobium spinosum, un microbio cunha morfoloxía que lembra ás verrugas, a partir do cal o filum recibiu o seu nome (pero non son causantes da formación de verrugas). As especies identificadas foron illadas da auga doce, do solo e das feces humanas, e considéranse abundantes e importantes nos solos agrícolas e forestais. Identificáronse varias especies que aínda non se puideron cultivar asociadas con hóspedes eucariotas, como ectosimbiontes de protistas e endosimbiontes de nematodos, que viven nos seus gametos.
Presentan unha ou varias prolongacións (prostecas) con forma de apéndices verrugosos. A súa parede ten proteoglicano. Divídense simetricamente por fisión. Son aerobias facultativas que respiran ou fermentan azucres. A ultraestrutura celular é peculiar e case única entre os procariotas (só parecida á de Planctomycetes), xa que a célula está dividida por membranas en varios compartimentos: un compartimento grande chamado pirelulosoma alberga ao nucleoide condensado e aos ribosomas e está rodeado por unha membrana intracitoplasmática; o outro compartimento é o parifoplasma, libre de ribosomas e situado entre a membrana intracitoplasmática e a membrana plasmática.[1]
Este filo considérase que ten dous filos irmáns: Chlamydiae e Lentisphaerae.[2]
Cavalier-Smith postulou que os Verrucomicrobia pertencen ao clado Planctobacteria do gran clado Gracilicutes. Datos do ARNr 16S apoian esta idea.[3]
Recentemente foi secuenciado o xenoma completo de Methylacidiphilum infernorum (2,3 Mbp). No seu único cromosoma circular, foron preditas 2473 proteínas, 731 das cales non teñen homólogos detectables. Estas análises tamén revelaron moitas posibles homoloxías coas Proteobacteria.[4] [5]
Filoxenia
editar- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada deste grupo baseado na LSPN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [6] e a filoxenia está baseada nos datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.[7]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI (National Center for Biotechnology Information) pero non na LSPN.
Notas
editar- ↑ Lee, K. C.; Webb, R. I.; Janssen, P. H.; Sangwan, P.; Romeo, T.; Staley, J. T.; Fuerst, J. A. (2009). "Phylum Verrucomicrobia representatives share a compartmentalized cell plan with members of bacterial phylum Planctomycetes". BMC Microbiology 9: 5. doi:10.1186/1471-2180-9-5. PMC 2647929. PMID 19133117.
- ↑ Cho J, Vergin K, Morris R, Giovannoni S (2004). "Lentisphaera araneosa gen. nov., sp. nov, a transparent exopolymer producing marine bacterium, and the description of a novel bacterial phylum, Lentisphaerae". Environ Microbiol 6 (6): 611–21. PMID 15142250. doi:10.1111/j.1462-2920.2004.00614.x.
- ↑ Wagner, M; Horn, M (2006). "The Planctomycetes, Verrucomicrobia, Chlamydiae and sister phyla comprise a superphylum with biotechnological and medical relevance". Current opinion in biotechnology 17 (3): 241–9. PMID 16704931. doi:10.1016/j.copbio.2006.05.005.
- ↑ Hou, S; Makarova, KS; Saw, JH; Senin, P; Ly, BV; Zhou, Z; Ren, Y; Wang, J; Galperin, MY (2008). "Complete genome sequence of the extremely acidophilic methanotroph isolate V4, Methylacidiphilum infernorum, a representative of the bacterial phylum Verrucomicrobia". Biology direct 3: 26. PMC 2474590. PMID 18593465. doi:10.1186/1745-6150-3-26.
- ↑ Ludwig, W., Euzéby, J., & Whitman W.B. (2008). "Bergey's Taxonomic Outlines: Volume 4 - Draft Taxonomic Outline of the Bacteroidetes, Planctomycetes, Chlamydiae, Spirochaetes, Fibrobacteres, Fusobacteria, Acidobacteria, Verrucomicrobia, Dictyoglomi, and Gemmatimonadetes" (PDF). Bergey's Manual Trust: 15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2016. Consultado o 03 de xullo de 2012.
- ↑ See the List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Data extracted from the "Verrucomicrobia". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 3 xullo 2012.
- ↑ See the All-Species Living Tree Project [1] Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Data extracted from the "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 3 xullo 2012.