Venus casina
Venus casina | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Representación de Venus casina | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Venus casina Linnaeus, 1758 [1] | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Venus casina Linnaeus, 1758 é unha especie de molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos.
Catacterísticas
editarTen a cuncha moi grosa e sólida, globosa, equivalva e inequilateral, coas valvas cunha escultura formada por costelas concéntricas, moi semellante á de Venus verrucosa, pero máis aplanada, coas costelas lamelosas e non tuberculadas e a coloración máis ben amarelada ou con manchas de cor parda avermellada, sendo ademais de menor tamaño, pois non alcanza máis dos 40 mm de diámetro máximo.[2]
Distribución
editarVenus casina habita nas costas do Atlántico nororiental, desde as illas Británicas até as do sur de Marrocos (Agadir), incluíndo as illas Azores, e o mar Mediterráneo.[1]
En Galicia é unha especie pouco abundante, encontrándose nas rías do Golfo Ártabro e as de Arousa, Pontevedra e Vigo.[2]
Bioloxía
editarHabita en fondos de areas limpas da rexión infralitoral,[2] e é unha especie que se alimenta por filtración das partículas orgánicas que están en suspensión na auga.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Venus casina |
Bibliografía
editar- Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
- Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Venus casina en EOL.