Veneziamestre Rugby

O Veneziamestre Rugby 1986 (por motivos de patrocinio Casinò di Venezia Rugby) é un club de rugby italiano con sede na cidade de Favaro Veneto (Véneto). Actualmente compite no Campionato di Eccellenza, a máxima categoría do rugby italiano.

Casinò di Venezia Rugby
NomeVeneziamestre Rugby 1986
Fundación1986
SedeFavaro Veneto, Italia Italia
Estadio(s)Centro Sportivo Comunale
Capacidade600 espectadores espectadores
PresidenteItalia Tommaso Pipitone
AdestradorItalia Moreno Trevisiol
Italia Enrico Ceselin
CapitánItalia Enrico Bortolato
Liga(s)Campionato di Eccellenza
2009-1010º
Casa
Fóra
Na rede
http://www.veneziamestrerugby.it

Historia editar

Foi fundado en 1986 logo da fusión de dous clubs da cidade de Venezia, o Venezia RFC (fundado en 1948) e o Rugby Mestre (fundado en 1965). Partindo dende a serie C1, foi ascendendo ata lograr o ascenso ao Super 10 por primeira vez na tempada 2004-05. Ao ano seguinte descendeu, mais volveu ascender na tempada 2006-07. Dende aquela conseguiu manterse na máxima categoría. A pesar de finalizar no último posto da liga na tempada 2009-10, o club non descendeu grazas á saída da competición do Benetton Treviso e do Rugby Viadana, que pasaron a xogar na Magners League na tempada 2010-11.

Palmarés editar

Xogadores destacados editar

  • Warwick Taylor (all blacks)
  • Ramiro Pez
  • Rino Francescato
  • Bruno Francescato
  • Claudio Torresan
  • Denis Dallan
  • Manuel Dallan

Véxase tamén editar