Veneranda Manzano
Veneranda García-Blanco Manzano, coñecida tamén como Veneranda Manzano, nada en Beloncio o 27 de abril de 1893 e finada en Oviedo o 10 de febreiro de 1992, foi unha mestra e política española, deputada durante a Segunda República.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Veneranda García Manzano 27 de abril de 1893 Beloncio, España (en) |
Morte | 10 de febreiro de 1992 (98 anos) Oviedo, España |
Deputada nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 13 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Oviedo (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política , mestra |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarNaceu na parroquia asturiana de Beloncio, pertencente ó concello de Piloña, o 27 de abril de 1893. Mestra de profesión, residiu en Cuba durante a década de 1920. Militante socialista, foi elixida deputada por Oviedo das Cortes republicanas nas eleccións de 1933.[1]
Ó remate da guerra civil española pasou a Francia, alí perdería a visión e máis tarde asentaríase exiliada en México. Veneranda, á que se lle retirou o carné do PSOE xunto a Negrín e o resto dos seus seguidores en 1946, converteríase en membro do PCE en 1947. Retornou a España en 1976.[2]
Faleceu en Oviedo o 10 de febreiro de 1992.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "García-Blanco Manzano, Veneranda. 55. Elecciones 19.11.1933". Congreso dos Deputados. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2017. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ Cuartas, Javier. "Veneranda García-Blanco, militante histórica socialista".