Venancio Pérez Lemos
canteiro e político galego
Venancio Pérez Lemos, nado en Salceda de Caselas cara 1910 e finado en Tui o 21 de outubro de 1936, foi un canteiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1910 Salceda de Caselas, España |
Morte | 21 de outubro de 1936 (25/26 anos) Tui, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | canteiro |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarCo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou unha patrulla que se desprazou en auxilio das que se formaron no Porriño. Foi detido nos primeiros días de agosto con Gumersindo Rodríguez Casales por unha patrulla de falanxistas e gardas cívicos de Salceda de Caselas. Xulgados por rebelión militar en consello de guerra celebrado en Vigo o 12 de outubro, foron condenados a pena de morte. Foron executados en Tui o 21 de outubro de 1936.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rodríguez Gallardo, Ángel (2006). O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939). Sada: Do Castro. p. 100. ISBN 84-8485-236-9.
Ligazóns externas
editar- Venancio Pérez Lemos na páxina web Nomes e Voces.