Veles e vents

poema

"Veles e vents" (en galego: Velas e ventos) é un poema de Ausiàs March, (Valencia, 1400 - Valencia, 3 de marzo de 1459) poeta e cabaleiro valenciano medieval.

Veles e vents
Autor/aAusiàs March
LinguaLingua catalá
editar datos en Wikidata ]

ArgumentoEditar

Relata a historia dunha viaxe dende Italia a Valencia na procura da amada. O autor quérea mais non sabe se o seu amor é correspondido. No traxecto corre grandes perigos e pide axuda aos ventos para chegar a terra. Máis alá desta interpretación, tamén significa o amor e a invocación dos ventos provenientes de terras onde reina a cultura (siroco, levante, etc), a civilidade (o gregal e o ostro, etc) e o catalanismo (a tramontana).

EstruturaEditar

O autor emprega o decasílabo clásico catalán, tamén chamado ausiasmarquià, de estrutura 4+6. Os versos son de arte maior e de rima consonante. Tamén se atopan sinalefas (exemplos: io en, no en, si atur, ...) e hiatos (exemplos: sia, faent).[1]

O poema na cultura popularEditar

Foi musicado e interpretado por varios autores. Así, Raimon incluíuno xa en 1970 nun sinxelo, de xeito que con está canción comeza a súa primeira musicación de Ausiàs March e no mesmo ano vólveo sacar no disco Per destruir aquell qui l'ha desert. Posteriormente, foi retomado numerosas veces polo mesmo Raimon e por Toti Soler con Ester Formosa.[2]

NotasEditar

  1. "Veles e vents". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  2. Bianciotto, Jordi (4 de novembro de 2016). "Raimon: "Me voy amando el oficio y a la gente"". elPeriódico. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar