Variedade diastrática

Son as variacións na lingua segundo a clase social á que pertenza o falante.

Tradicionalmente vense desenvolvendo unha distinción, que resulta insuficiente, entre:

  • Nivel culto: Caracterízase por:
  • Nivel vulgar:
    • Prima en xeral a economía lingüística sobre a expresividade.
    • Pobreza e repetición de vocábulos.
    • Oracións curtas, moitas veces inacabadas e desorganizadas.
    • anacolutos
    • Escaso emprego de nexos.
    • Frases feitas
    • Impropiedade léxica
    • Vulgarismos (vacilacións no vocalismo átono, aférese, epéntese, harmonización, labialización, prótese,...).
    • conectores de procedencia mímica.

Esta clasificación resulta insuficiente; en primeiro lugar, porque hai unha serie de graos intermedios entre o nivel culto e o vulgar; ademais, o desenvolvemento social dos falantes -a adscrición dun falante a unha clase social é dificultosa e relativa- pode ampliar a súa competencia lingüística.

Así e todo, é certo que os falantes que teñen unha actividade, modo de vida ou profesión en común presentan semellanzas lingüísticas que permiten observar subcódigos ou linguaxes especiais caracterízadas por teren un vocabulario peculiar, de sentido moi preciso, como os tecnolectos, sociolectos e xergas.

Véxase tamén editar