Vanguard 3 foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado nun foguete Vanguard desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 18 de setembro de 1959.[2][3][5][6]

Vanguard 3
Maqueta de Vanguard 3
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento18 de setembro de 1959, 5:20 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVanguard[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre.[3][6]
NSSDC ID1959-007A
Masa42,9 kg[3]
DimensiónsEsfera de 50,8 cm de diámetro[3]
Datos orbitais
Semieixo maior8264 km[1]
Inclinación33,3 graos[1]
Apoapse3272,0 km[1]
Periapse514,7 km[1]

Características editar

Vanguard 3 foi lanzado para facer medicións da magnetosfera terrestre, dos raios X solares e os seus efectos na atmosfera terrestre, estudar a contorna de micrometeoritos cerca da Terra e medir o arrastre causado pola atmosfera superior. A instrumentación de a bordo incluía un magnetómetro de protóns, unha cámara de ionización para raios X, transmisores de radio e detectores de micrometeoritos. Cos datos obtívose unha imaxe máis completa da contorna espacial terrestre e definiuse mellor a parte inferior dos cintos de radiación.[2][3][5][6]

O satélite estabilizábase mediante xiro e funcionou alimentado por baterías ata que se esgotaron tras 85 días en órbita. Despois diso o satélite foi seguido opticamente para estudar o efecto do arrastre da atmosfera na súa órbita. Tiña forma de esfera de 42,9 kg de masa e 50,8 cm de diámetro da que sobresaía un mastro cónico de 66 cm de longo. O interior da esfera estaba presurizado e contiña a instrumentación, incluída a electrónica de comunicación e dos experimentos. Tamén contiña unha cinta grabadora de datos para transmitilos ao pasar sobre unha estación de seguimento. Do corpo do satélite sobresaían catro antenas a intervalos de 90 graos e no seu exterior tamén se atopaba unha célula solar de sulfuro de cadmio, cerca do ecuador da esfera. O magnetómetro ía no extremo do mastro.[3][5][6]

Dada a súa órbita, Vanguard 3 permanecerá no espazo uns 300 anos antes da súa reentrada na atmosfera terrestre.[3][5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "VANGUARD 3" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (PDF) (62-04423). 7 de marzo de 1962: 2. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 NASA (21 de marzo de 2017). "Vanguard 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Vanguard Magnetometer satellite" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Vanguard (20in Magnetometer, X-Ray, Environment)" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Vanguard 3" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar