Vanguard 1 foi o segundo satélite artificial posto en órbita polos Estados Unidos. Foi lanzado nun foguete Vanguard desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 17 de marzo de 1958.[2][3][5][6]

Vanguard 1
Vanguard 1
TipoTecnolóxico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento17 de marzo de 1958, 12:15 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVanguard[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[3][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[3][6]
NSSDC ID1958-002B
Masa1,46 kg[3]
DimensiónsEsfera de 16,5 cm de diámetro[3]
Datos orbitais
Semieixo maior8619 km[1]
Inclinación34,3 graos[1]
Apoapse3841,2 km[1]
Periapse656,6 km[1]

Características editar

A misión principal de Vanguard 1 foi comprobar as capacidades do foguete Vanguard e unha vez en órbita medir os efectos da contorna espacial no satélite e os seus sistemas. A medición da súa órbita serviu tamén para refinar os modelos xeodésicos da Terra. A alimentación eléctrica do satélite proviña dunha batería que se esgotou en xuño de 1958 e de seis células solares distribuídas polo exterior que proporcionaban ata 1 vatio de potencia. Tiña forma de esfera de 1,46 kg e 16,5 cm de diámetro, dentro da cal un cilindro albergaba a instrumentación, que consistía nun transmisor a 108 MHz, unha baliza de radio. Do corpo do satélite sobresaían seis antenas de 30 cm de longo que á parte de ser usadas para transmitir serviron para estimar a cantidade de electróns entre o satélite e a estacións receptoras. No interior tamén levaba dous termistores para medir a temperatura interna e comprobar a efectividade do illamento térmico.[3][5][6]

Estímase que dada a súa órbita, Vanguard 1 permanecerá no espazo varios séculos ata a súa reentrada na atmosfera terrestre.[3][5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "VANGUARD 1" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (PDF) (62-04423). 7 de marzo de 1962: 2. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Vanguard 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Vanguard I" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Vanguard (6.5in)" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Vanguard 1" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar