Vanessa Somoza

pintora e política galega

Vanessa Somoza Domínguez, nada o 2 de setembro de 1976 en Sarria, é unha pintora e política galega.

Modelo:BiografíaVanessa Somoza
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, pintora Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou gráfica publicitaria na escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo e pintura con Antonio Vázquez Rivas. En 1996 realizou a súa primeira exposición individual nun pub da súa localidade natal e en 2005 a primeira nunha galería artística. Militante de Esquerda Unida, participou na lista de Alternativa Cidadá de Esquerdas nas eleccións municipais de 2015 en Lugo [1]. Nas eleccións xerais de España de 2015 e nas Eleccións xerais de España de 2016 foi segunda na lista ao Congreso de En Marea. Tanto nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 como nas de novembro do mesmo ano encabezou a lista pola coalición En Común Unidas Podemos. Foi de segunda, tras Miguel Anxo Fernández Bello, na lista ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.