Valeri Riumin
cosmonauta ruso e soviético
Valeri Victorovich Riumin, nado en Komsomolsk-na-Amure o 16 de agosto de 1939 e finado o 6 de xuño de 2022, foi un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz 25, Soiuz 32, Soiuz 35, Soiuz 34, Soiuz 37 e STS-91.[1][2][3]
Traxectoria
editarRiumin graduouse na Facultade Técnica de Enxeñaría Mecánica de Kaliningrado en 1958. En 1966 graduouse no Departamento de Electrónica e Tecnoloxía da Computación do Instituto de Enxeñaría Forestal de Moscova. Foi seleccionado como cosmonauta en 1973, participando nas misións Soiuz 25, Soiuz 32, Soiuz 35, Soiuz 34, Soiuz 37 e STS-91 e pasando un total de 371,73 días no espazo. Estaba casado coa cosmonauta Elena Kondakova. Finou o 6 de xuño de 2022 aos 82 anos de edade.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Ryumin, Valeri Viktorovich" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (23 de agosto de 2013). "Valery V. Ryumin" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ Collect Space, ed. (6 de xuño de 2022). "Valery Ryumin, cosmonaut who launched to Salyut and Mir, dies at 82" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valeri Riumin |