Valentina Kozlovskaia

xadrecista rusa

Valentina Iakovlevna Kozlovskaia (en ruso: Валенти́на Я́ковлевна Козло́вская), nada o 18 de abril de 1938 en Iessentuki (RSSF de Rusia), é unha xadrecista rusa. Campioa da URSS en 1965, gañou dous torneos interzonais e participou en tres Torneos de Candidatas, competicións previas ao Mundial Feminino de Xadrez. Foi nomeada Gran Mestra Feminina en 1977, o ano en que se creou o título. En 1996 gañou o Mundial Sénior. En 2014, con 76 anos, gañou o Campionato de Europa para maiores de 65.

Infotaula de personaValentina Kozlovskaia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1938 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Yessentuki, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaRusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1962)
Mestra Internacional Femenina (1965)
Gran Mestra Feminina (1976) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.315 (1975)<
Identificador FIDE4107098 Editar o valor em Wikidata
Participou en
1966Olimpíada de xadrez para mulheres de 1966 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIgor Bondarevsky

Traxectoria editar

Aprendeu a xogar ao xadrez aos quince anos e tres anos despois gañou o campionato xuvenil feminino da URSS e o Campionato feminino da URSS en 1965. No Torneo de Candidatas de Subotica 1967 empatou no segundo lugar con Tatiana Zatulovskaia (12½-17) e cunha vitoria sobre a gañadora Alla Kushnir.

No Interzonal Feminino de 1971 quedou sexta (10½-17), co que non se clasificou para o Torneo de Candidatas. En 1973 gañou o Interzonal de Menorca (13½-19), por diante de Marta Litinskaia, Irina Levitina e Nana Alexandria, e clasificouse para o Torneo de Candidatas. En 1974 caeu nas semifinais de dito Torneo ante Levitina (5½-6½). En 1976 empatou con Alla Kushnir no Interzonal de Roosendaal (9½-13). En 1977 perdeu ante Elena Fatalibekova (2-6) nos cuartos de final do Torneo de Candidatas.

Olimpíada de Xadrez editar

En 1966 Kozlovskaia xogou no segundo taboleiro coa URSS na Olimpíada de Xadrez Feminina na Habana. Gañou a medalla de ouro por equipos.[1]

Campioa do Mundo Sénior editar

 
Kozlovskaia (esquerda), medalla de bronce do Mundial Sénior Feminino de 1995. Nona Gaprindashvili (dereita) levou a medalla de ouro

En 1996 Kozlovskaia gañou o Mundial Sénior de Xadrez Feminino, despois de levar a medalla de bronce o ano anterior. En 2000 e 2001 foi segunda e terceira, respectivamente.

Vida persoal editar

Kozlovskaia, bioquímica de profesión, é viúva do Gran Mestre soviético Igor Bondarevski.[2]

Notas editar

  1. "Valentina Kozlovskaya - Women's Chess Olympiads". OlimpBase (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2023. 
  2. Sunnucks, Anne (1970). Encyclopaedia of Chess (en inglés). Robert Hale Ltd. p. 270. ISBN 9780709110309.