Valentin Inzko
Valentin Inzko, nado en Klagenfurt o 22 de maio de 1949, é un político, diplomático, avogado, filólogo e tradutor austríaco de orixe eslovena. Desde o 26 de marzo de 2009 é o 7º Alto Representante para Bosnia e Hercegovina.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1949 (75 anos) Klagenfurt, Austria |
7º Alto Representante para Bosnia e Hercegovina | |
26 de marzo de 2009 – 31 de xullo de 2021 ← Miroslav Lajčák (pt) – Christian Schmidt → | |
Ambassador of the Republic of Austria (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Graz Academia Diplomática de Viena |
Actividade | |
Lugar de traballo | Liubliana |
Ocupación | lingüista, tradutor, diplomático, político |
Familia | |
Cónxuxe | Bernarda Fink |
Pai | Valentin Inzko |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Inicios e formación
editarNaceu na cidade austríaca de Klagenfurt o día 22 de maio de 1949, no seo dunha familia eslovena. O seu pai ten o mesmo nome e foi un recoñecido activista cultural e político.
Asistiu a unha escola bilingüe (esloveno-alemá) no municipio de Feistritz im Rosental. Despois de graduarse en secundaria, en 1967 comezou a asistir á Universidade de Graz na cal estudou Dereito e Filoloxía eslava. Logo desde 1972 a 1974 foi alumno da Academia Diplomática de Viena.
Carreira diplomática
editarEn 1974 terminou os seus estudos superiores e entrou no Servizo Diplomático austríaco.
Entre 1982 e 1986 foi agregado de prensa na embaixada de Austria en Belgrado, despois serviu na Misión Diplomática de Austria ante as Nacións Unidas, entre 1990 e 1996 foi agregado cultural de Austria na República Checa, entre outubro e decembro de 1992 foi membro da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) na rexión de Sandžak, entre 1996 e 1999 foi o Embaixador de Austria en Bosnia e Hercegovina e en 2005 foi embaixador en Eslovenia.
Dende o 11 de marzo de 2009 até o 1 de setembro de 2011 foi Representante especial da Unión Europea para Bosnia e Hercegovina.
Actualmente dende o 26 de marzo de 2009 é o 7º Alto Representante para Bosnia e Hercegovina, en substitución do diplomático eslovaco Miroslav Lajčák.
Ao mesmo tempo en xuño de 2010 foi elixido para ser o presidente do Consello Nacional dos Eslovenos de Carintia.
Vida privada
editarEstá casado coa mezzosoprano de orixe arxentina-eslovena, Bernarda Fink. Teñen dous fillos en común. É crente da Igrexa católica.
Cabe destacar que Valentin Inzko é multilingüe, xa que fala con fluidez os idiomas esloveno, alemán, serbocroata, inglés, ruso, francés e checo.
Ademais do seu labor diplomático, entre outras obras foi o tradutor ao esloveno dos ensaios de Václav Havel.
Condecoracións
editarDistinción | Período | Lugar | Outorgado por |
---|---|---|---|
Gran Condecoración de Honra en prata da Orde ao Mérito da República de Austria | 2012 | Austria | Heinz Fischer |
Notas
editar- ↑ Agencia EFE (13 de marzo de 2009). "El austríaco Inzco designado nuevo representante internacional para Bosnia". Saraxevo. Consultado o 13 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valentin Inzko |