Víctor Trabazo Serapio
Víctor Trabazo Serapio de Figueroa, nado en Meaño o 23 de marzo de 1896[1] e finado en 1936, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1896 ![]() Meaño, España ![]() |
Morte | 1936 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Virgilio Trabazo Serapio ![]() |
Traxectoria
editarMestre, foi responsable da escola infantil da confraría da Illa de Arousa dende 1926.[2] En 1927 foi destinado á escola de Covas (Montederramo).[3] Dende 1929 foi mestre na escola de Xil en Meaño. Foi elixido presidente do Centro Republicano de Meaño en febreiro de 1931.[4] Militante do PSOE e da UGT, foi secretario do Centro Socialista de Meaño. Foi militante da Asociación de Traballadores do Ensino de Vigo. Alcalde de Meaño. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa dun amigo da familia na Arousa. Topárono e foi detido. Paseado, o seu cadáver nunca apareceu.
Vida persoal
editarCasou con Casilda Nine Fernández, irmá de Segundo Nine Fernández.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Fajardo, Montse. "A herdanza que nunca roubou o fascismo". Nós, 10-1-2020, p. 26.
- Salgado, Fernando; Otero, Juan (2022). Papel de estraza. Concello da Illa de Arousa. ISBN 978-84-940825-4-2.