Víctor Caamaño
Víctor Caamaño Rivas, nado en Noia o 15 de xaneiro de 1962, é un político galego e profesor de ciencias, de ideoloxía nacionalista.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1962 (62 anos) Noia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria
editarÉ profesor de ciencias naturais no IES Francisco Asorey de Cambados, onde foi director entre 2004 e 2008. Participa desde 1993 no Colectivo Ecoloxista do Salnés, onde foi membro da directiva.
Foi candidato a alcalde polo Bloque Nacionalista Galego nas municipais de 2007 e nas municipais de 2011. Dende o ano 2007 é concelleiro na corporación municipal e voceiro do BNG e xefe da oposición ao goberno de Luís Aragunde Aragunde. Ademais de ser membro do consello local do BNG de Cambados, é membro do consello comarcal desta organización.[1]
É autor e coautor de varias publicacións de carácter didáctico e de divulgación da natureza galega.
Obras publicadas (todas colecctivas)
editar- Espazos naturais: provincia da Coruña (2003). Edicións A Nosa Terra.
- Espazos naturais: provincia de Lugo (2003). Edicións A Nosa Terra.
- Espazos naturais: provincia da Ourense (2003). Edicións A Nosa Terra.
- Espazos naturais: provincia de Pontevedra (2003). Edicións A Nosa Terra.
- Augas caídas: fervenzas de Galiza (2005). Edicións A Nosa Terra.
- A costa de Galiza. Edicións A Nosa Terra.
- As montañas de Galiza. Edicións A Nosa Terra.
- Árbores de Galiza. Edicións A Nosa Terra.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Edicións A Nosa Terra
- Blog de Víctor Caamaño
- "Traballamos por un modelo de sociedade distinto", entrevista na web Cambados.tk 11/12/2012.