Vía Dolorosa
A Vía Dolorosa (en latín: Via Dolorosa; hebreo: ויה דולורוזה árabe: طريق الآلام) é unha rúa na cidade vella de Xerusalén, pola que segundo a tradición cristiá, camiñou Xesucristo ata o lugar da súa crucifixión. A ruta parte desde a Fortaleza Antonina, no barrio musulmán ata a Igrexa do Santo Sepulcro, no barrio cristián –arredor de 600 metros[1]—. A ruta actual quedou establecida no século XVIII, substituíndo varias versións anteriores da mesma.[2] Na actualidade está marcada por nove Estacións da Cruz, estando as cinco restantes no interior da Igrexa do Santo Sepulcro.

Itinerario Tradicional
editarO itinerario tradicional comeza xusto dentro da Porta dos Leóns (Porta de Santo Estevo), preto da localización da antiga Fortaleza Antonina, dirixíndose cara ao oeste a través da cidade vella ata a Igrexa do Santo Sepulcro. Este itinerario baséase na procesión organizada polos franciscanos no século XIV.[3]
Galería
editar-
Primeira Estación, Xesús é condenado a morte
-
Segunda Estación, Xesús carga coa cruz
-
Terceira Estación, Xesús cae por primeira vez
-
Cuarta Estación, Xesús encóntrase coa súa nai, a Virxe María
-
Quinta Estación, Simón de Cirene axuda a Xesús a levar a cruz
-
Sexta Estación, Veronica limpa a cara de Xesús
-
Sétima Estación, Xesús cae por segunda vez
-
Oitava Estación, Xesús encóntrase coas mulleres de Xerusalén
-
Novena Estación, Xesús cae por terceira vez
-
Décima Estación, Xesús é despoxado das súas vestimentas
-
Décimo primeira Estación, Crucifixión: Xesús é cravado na cruz
-
Décimo segunda Estación, Xesús morre na cruz
-
Décimo terceira Estación, A Rocha da Unción
-
Décimo cuarta Estación, Xesús é deixado na tumba
Notas
editar- ↑ Moubarak, Andre (2017). One Friday in Jerusalem. Jerusalem, Israel: Twin Tours & Travel Ltd. pp. 13. ISBN 9780999249420.
- ↑ Jerome Murphy-O'Connor, The Holy Land, (2008), page 37
- ↑ "El desarrollo de las 14 estaciones a lo largo de los siglos". terrasanctamuseum.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vía Dolorosa |