Uxío (nome)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Uxío.
Uxío[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é grega: εὐγενής (eugenēs), "nobre", literalmente "ben nada",[3] de εὖ (eu), "ben"[4] e γένος (genos), "raza, familia".[5] En galego tamén ten a variante Euxenio e os hipocorísticos Xenucho e Nucho.[2]
En xaneiro de 2023 existían 351 varóns en Galicia co nome Uxío, cunha media de idade de 21,5 anos.[6]
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ εὐγενής, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
- ↑ εὖ, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
- ↑ γένος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
- ↑ Nome Uxío na Web do Intituto Galego de Estatística