Uxía de Alexandría
Santa Uxía[1], coñecida por veces coma Santa Euxenia[1], Santa Euxea[1] ou Santa Ouxea[1], foi unha mártir cristiá nada na antiga Roma do século III e finada en Roma ou Alexandría en 258, venerada pola Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa, cuxa festividade celébrase o 23 e 24 de decembro, respectivamente. A súa haxiografía inclúese na Lenda dourada. O seu culto é moi antigo, e tornouse moi popular por relatos de fabulosas milagres espalladas en varias linguas.[2] En Galicia é patroa de numerosas parroquias (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Uxía).
Nome orixinal | (el) Ευγενια |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | c. 25 de decembro de 262 Roma, Italia |
Causa da morte | decapitación |
Actividade | |
Campo de traballo | Cristianismo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 25 de decembro |
Haxiografía
editarUxía era filla dun nobre romano, Filippo, que foi nomeado prefecto de Exipto polo emperador Galieno, polo que se trasladou a Alexandría coa súa familia, a súa dona Claudia, Uxía e mailos seus irmáns Serxio e Avito. Aló Uxía converteuse ao cristianismo cos seus escravos Proto e Xacinto. Como consagrara secretamente a súa virxindade a Deus, fuxiu da súa casa vestida de home para evitar o seu casamento concertado co mozo Aquilino, fillo do cónsul, e baixo falsa identidade ingresou nun mosteiro masculino.
Siguiu finxindo ser home e co tempo chegou a ser abade e a súa sona estendeuse dentro e fóra do convento. Daquela, unha nobre romana chamada de Melanzia intentou seducilo, mais ao ser rexeitada por despecho acusouno de intentar abusar dela. No xuízo, presidido polo seu propio pai, para demostrar a súa inocencia tivo que revelar a súa verdadeira identidade. Tras reencontrar á súa filla perdida o seu pai se convertería tamén ao cristianismo.
Foi mandada decapitar polo prefecto de Alexandría Nicezio un 25 de decembro.[3] e foi sepultada na vía Latina.[4]
Influencias modernas
editarÉ recoñecida pola moderna comunidade LGBT coma un exemplo de santo transxénero, particularmente reflectida na obra de 1996 de Lorae Parry, Eugenia, sobre unha inmigrante italiana para a Nova Zelandia no século XX que vive como un home.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ BHL, II, p. 1051, nn. 6975-6977.
- ↑ Bibliotheca Sanctorum, vol. V, coll. 181-183, voce a cura di Gian Domenico Gordini.
- ↑ G.B. De Rossi, RSC, I, pp. 180-181.
- ↑ Parry, Lorae. 1996. Eugenia. Wellington: Victoria University Press.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Jacques Paul Migne, Patrologia Latina (218 voll.), 1844-1855.
- Giovanni Battista de Rossi, La Roma Sotterranea Cristiana descritta ed illustrata (6 voll.), Roma 1864-1877.
- Monumenta Germaniae Historica, Auctores Antiquissimi (15 voll.), Berlín 1877-1916.
- Liber Pontificalis. Texte, introduction et commentaire par l'abbé L. Duchesne (2 voll.), Parigi-Turín 1886-1892.
- Bibliotheca Hagiographica Latina, antiquae et mediae aetatis, ediderunt Socii Bollandiani, Bruxelas 1900-1901.
- Bibliotheca Sanctorum (12 voll.), Istituto Giovanni XXIII della Pontificia Università Lateranense, Città nuova, Roma 1961-1971.