Usuaria:Moniquiña/Eudy Simelane

Infotaula de personaMoniquiña/Eudy Simelane
Biografía

Eudy Simelane nada en KwaThema o 11 de marzo de 1977 e finada o 28 de abril de 2008 foi unha futbolista surafricana que xogou na selección de Sudáfrica e tamén unha activista polos dereitos LGBT. Foi violada e asasinada na súa cidade natal KwaThema, Gauteng.[1]

Fútbol

editar

Simelane xogou como centrocampista no Springs Home Sweepers F.C[2] e na Selección feminina de Sudáfrica. Igualmente adestrou varios equipos e estaba a estudar para converterse en árbitra.[3]

O corpo semidesnudo de Simelane foi atopado nun arroio en KwaThema. Fora violada por un grupo, golpeada e apuñalada 25 veces no peito, cara e pernas. Fora a primeira muller en mostrar abertamente o seu lesbianismo en KwaThema.[1] Un informe realizado pola ONG ActionAid e referendado pola comisión surafricana de dereitos humanos, denunciou que o seu asasinato foi un crime de odio levado a cabo contra ela pola súa orientación sexual. Segundo ActionAid este crime non será recoñecido polo Estado Surafricano nin polo seu sistema xurídico.[1]

Dacordo coa asociación Triángle que defende os dereitos das persoas homosexuais, a práctica de violacións correctivas está amplamente estendida en Sudáfrica onde homes violan mulleres coa intención de curalas e corrixir a súa orientación sexual.[1]

O xuízo contra os catro acusados deu comezo o 11 de febreiro de 2009 en Delmas, Mpumalanga.[4] Un dos catro supostos atacantes declarouse culpable de violación e asasinato e foi sentenciado a 32 anos de cárcere.[1] En setembro de 2009, outro foi culpado de asasinato, violación e roubo, e foi declarado a cadea perpetua máis 35 anos de cárcere. As outras dúas persoas non foron condenadas.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Kelly, Annie (12 de marzo de 2009). "Raped and killed for being a lesbian: South Africa ignores 'corrective' attacks". The Guardian. Consultado o 14 de marzo de 2009. 
  2. "Tribute To The Late Former Banyana Banyana Player, Eudy Simelane". Tribute. SAFA. 1 de mayo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de julio de 2012. Consultado o 29 de julio de 2009. 
  3. "Joburg Pride Wall of Rememberance". Gay & Lesbian Pride News. GMax.co.za. 3 de octubre de 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de febrero de 2012. Consultado o 29 de julio de 2009. 
  4. "Stop the Violence - Live Updates from South Africa". Arquivado dende o orixinal o 2017-12-17. 
  5. "Life for killing lesbian activist". 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar