Ustica

comuna italiana

Ustica, é unha illa de Italia, situada no Mar Tirreno a 67 km ao N.O. de Palermo (Sicilia). Ten unha superficie de preto de 8´65 km² cunha circunferencia de 12 km, e mide 3´5 km de longo por 2´5 km de ancho.

Ustica
Vista da illa
Localización da illa
Situación
PaísItalia Italia
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 38°43′00″N 13°11′00″L / 38.716666666667, 13.183333333333
Xeografía
Superficie8,24 km²
Longura máxima3,5 km
Largura máxima2,5 km
Perímetro12 km
Punto máis alto244 m. Punta Maggiore
Distancia a terra67
Demografía
Poboación1358[1] (31-12-2013).
Densidade164,81 hab./km²
Lingua propiaItaliano

Xeoloxicamente afín ás Illas Eolias e de orixe volcánico; presenta un relevo de outeiros, vestixio de antigos volcáns ("Punta Maggiore", 244 m. "Garda di Turchi", 238 m.) que dividen á illa en dúas.

A illa, ademais, é unha das vinte que forman parte da "Reserva Natural Mariña" de Italia, o que a converte nun verdadeiro paraíso para o mergullo.

Historia editar

Os fenicios habitaron a illa cara ao 1.500 A.C. Na antiga Grecia, foi chamada "Osteodes" (osario) en memoria dos miles de amotinados cartaxineses alí abandonados para morreren de fame no século IV A.C. Os romanos rebautizárono como Ustica, do latín "ustum" que significa "queimada", por mor das súas rocas negras características.

No século VI establécese na illa unha comunidade Beneditina, que foi rapidamente forzada a trasladarse por mor das inminentes guerras entre cristiáns e árabes. No medievo fallaron as tentativas de colonizala por causa de frecuentes incursións piratas, que utilizaron a illa como o seu refuxio.

Só a partir do século XVIII os Borbóns asentaron, esta vez de modo estable, a familias provenientes das Eolias e de Sicilia xunto cun centenar de soldados.

Durante o réxime fascista e ata 1950 Ustica foi utilizada como prisión.

Ambiente editar

A característica natural máis destacada e peculiar e a presenza de numerosas grutas que se abren ao longo das altas costas. Cabe mencionar a: "Grotta Verde", "Grotta Azzurra", "Grotta della Pastizza", "Grotta dell'Ouro", "Grotta delle Colonne". Con todo, ao escasear a auga e os recursos hídricos na illa, ata a vexetación natural é escasa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar