Ursus americanus floridanus

Ursus americanus floridanus

Un oso negro de Florida no Bosque Nacional Ocala
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Ursidae
Xénero: Ursus
Especie: U. americanus
Subespecie: floridanus
Merriam, 1896

Ursus americanus floridanus é unha subespecie do oso negro americano, xeralmente chamada oso negro de Florida, que historicamente vivía nos Estados Unidos na maior parte de Florida e partes sur de Alabama, Xeorxia e Mississippi, aínda que agora vive principalmente en zonas protexidas. Viven en áreas forestais e están sufrindo pola redución do seu hábitat.

Descrición

editar

Teñen un corpo grande con pelame negro brillante, un fociño marrón claro e un rabo curto e groso.[1] Tamén é común que teñan unha mancha branca no peito.[2] Actualmente é o mamífero terrestre máis grande de Florida, cun peso medio de 140 kg e algúns exemplares que chegan aos 230 kg.[1][2][3] As femias xeralmente pesan menos.[2] Un adulto medio mide entre 120 e 180 cm de lonxitude, e ten unha altura ata a cruz entre 76 e 110 cm.[2]

Comportamento

editar

Son animais principalmente solitarios, excepto cando se xuntan en grupos ou en parellas durante a estación de apareamento.[4] Aínda que son animais solitarios, en xeral, a maioría non son territoriais, e normalmente non defenden a súa área doutros osos.[4] Os osos negros teñen unha boa vista, oído agudo e excelente olfacto .[4] Autorregulan as poboacións segundo as calorías dispoñibles para comer. Unha vez que se produce a fecundación, o cigoto multiplícase ata chegar ao estado de blástula, a cal deixa de crecer ata o inverno, e despois, durante o período de hiperfaxia, se a nai comeu suficientes calorías, a blástula empeza a crecer de novo. Nalgúns casos, se a nai ten acceso a moita comida orixínanse varios xemelgos. Este atraso no crecemento do embrión denomínase diapausa embrionaria.[5]

Hábitat

editar

Vive principalmente en hábitats forestais, e son comúns en zonas arbustivas con Pinus clausa, bosques mixtos do sueste de Florida e zonas húmidas.[6] É a única subespecie de osos que vive na rexión subtropical.[2] En menor extensión habita en praderías secas e bosques tropicais.[2]

Área de distribución

editar

Antes de que Florida fose colonizada polos europeos, este oso ocupaba toda Florida, incluíndo moitas das illas ou caios.[7] A área actual é moito máis esporádica con grupos illados que viven principalmente en áreas protexidas de Florida, e no sur dos estados de Alabama, Xeorxia e Mississippi.[1][2] As áreas protexidas onde viven as maiores poboacións son o Bosque Nacional Ocala, a Reserva Nacional do Gran Ciprés, o Parque Naciona dos Everglades, o Bosque Nacional Apalachicola, o Bosque Nacional Osceola e o Refuxio Nacional de Vida ilvestre de Okefenokee.[6][7] Un estudo da poboación de Okefenokee-Osceola atopou 500 osos nas áreas estudadas. A poboación actual en Florida estímase en máis de 4 000 osos.[8][9]

Son omnívoros cunha dieta que varía moito coas estacións, principalmente porque moitas das súas especies preferidas para comer de flora e fauna son estacionais. En primavera come principalmente as plantas Sabal palmetto, Thalia geniculata, e Sus scrofa (porco bravo), Bombus bimaculatus (heminópteros) e especies de Camponotus (formigas). No verán come principalmente as plantas Serenoa repens, Ilex glabra, Rubus, Phytolacca rigida, Vaccinium, as formigas Camponotus e o fasmatodeo Anisomorpha buprestoides. En outono, come as plantas Serenoa repens, Ilex glabra, Nyssa biflora, e os heminópteros Vespula e Apis mellifera e tamén Dasypus novemcinctus (armadillo) [10]

Conservación

editar
 
Oso negro morto nun accidente de tráfico nunha estrada de Florida.

A perda de hábitats está afectando moito ás poboacións do oso negro de Florida. Cada hora pérdense case 81 000 m2.[6] Os osos son feridos ou matados en accidentes de tráfico (desde 1976 houbo máis de 1 356 casos documentados de mortes) en Florida.[6] Os accidentes son a súa principal causa de morte en Florida (89,5% dos osos mortos) desde 1994.[6][11] En Florida estaba prohibida a súa caza desde 1994,[6] mais isto foi despois revisado.

Revisión do seu status

editar

En 2012 a Comisión de Vida Silvestre e Pesca de Florida (FWC) quitou a esta subespecie da súa lista de especies ameazadas baseándose no seu tamaño de poboación segundo datos non actualizados desde 2002, a pesar da preocupación expresada por algúns biólogos pola perda de diversidade xenética e endogamia.[12] Pero seguía sendo ilegal "danar ou matar a un oso neste estado, ou posuír ou vender partes do oso." [13]

En 2015 a FWC aprobou a caza deste oso[14] a pesar da oposición pública.[15][16] Porén, en 2016, votouse adiar para o futuro a decisión de renovar o permiso para cazalo. Tomáronse medidas para reducir a interacción entre humanos e osos e utilizar cubos do lixo resistentes aos osos.[17][18][19]

En 2016 varios grupos conservacionistas de Florida solicitaron ao Departamento do Interior dos Estados Unidos que o oso negro de Florida fose incluído na lista federal da Lei de Especies en Perigo norteamericana.[20]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Florida Black Bear Fact Sheet" (PDF). U.S. Forest Service. August 2009. Consultado o 13 February 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Scott, Chris (2004). Endangered and Threatened Animals of Florida and Their Habitats. University of Texas. Press. ISBN 0-292-70529-8. 
  3. Anthony, H. E. (2005). Field Book of North American Mammals. Kessinger Publishing. ISBN 1-4179-8949-1. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Behavior & Senses". Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 14 February 2011. 
  5. "The Physiology and Evolution of Delayed Implantation in Carnivores". Carnivore Behavior, Ecology, and Evolution. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Florida Black Bear Background and Recovery". Defenders of Wildlife. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2010. Consultado o 14 February 2010. 
  7. 7,0 7,1 "Black Bear Distribution Map". Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 14 February 2010. 
  8. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2017. 
  9. "FWC Approves Black Bear Plan to Conserve Florida’s Largest Land Mammal". Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2017. Consultado o 7 July 2012. 
  10. Maehr, David S.; Brady, James R. (1984-01-01). "Food Habits of Florida Black Bears". The Journal of Wildlife Management 48 (1): 230–235. JSTOR 3808478. doi:10.2307/3808478. 
  11. "Bears and Roads". Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 14 February 2010. 
  12. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2017. 
  13. "FWC approves black bear plan to conserve Florida’s largest land mammal". Florida Sportsman Newswire. July 3, 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 5 April 2016. 
  14. http://www.bearstudy.org/website/updates/daily-updates/2805-bears-update-august-3-2015.html
  15. Etters, Karl (26 October 2015). "295 bears killed as Florida hunt ends". Tallahassee Democrat. Consultado o 7 November 2015. 
  16. "2015 Florida Black Bear Hunt Summary Report" (PDF). Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2016. Consultado o 14 September 2016. 
  17. "3 bears wrestle on pool deck. Naples, FL". YouTube. 2015-04-14. Consultado o 2015-10-29. 
  18. "Living with Black Bears". Myfwc.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2016. Consultado o 2015-10-29. 
  19. "3 black bear cubs react to motion activated alarm.". YouTube. Consultado o 2015-10-29. 
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2017.