Abrir o menú principal

Urbano Feijoo Sotomayor

empresario escravista e político galego
(Redirixido desde "Urbano Feijoo de Sotomayor")
Non confundir con Urbano Feijoo Sotomayor Ron (†1959).

Urbano Feijoo Sotomayor, nado en Viana do Bolo en 1798[1] e finado na mesma vila en agosto de 1898[2], foi un empresario e político galego.

Urbano Feijoo Sotomayor
Retrato de Urbano Feijóo Sotomayor.jpg
Nacemento1798
 Viana do Bolo
Falecementoagosto de 1898
 Viana do Bolo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comerciante na Habana, accionista do ferrocarril de Sagua e vocal da Xunta de Auxilio. En 1853 aprobouse o seu proxecto de colonización galega da illa de Cuba, que se empezou a realizar a partir de 1854. O operativo levou á illa de Cuba 2000 galegos en condicións de escravitude. Urbano Feijoo foi o exclusivo beneficiario. Rematou ao ano seguinte, debido ao escándalo que provocou. O negocio rematou sen a condena do contratista e evitando o Estado a súa responsabilidade.

Foi deputado no Congreso por Ourense (1854), por Verín (abril de 1872) e polo distrito de Matanzas (Cuba) en 1881.

Casou con Carlota Robleda.

ObrasEditar

NotasEditar

  1. Eduardo Rolland (26 de xaneiro de 2019). "Os escravos galegos en Cuba en 1854: «Traballan como dous negros»". GCiencia. 
  2. Noticia en El Diario de Pontevedra 19-8-1898, p. 3.

Véxase taménEditar