Universidade Pontificia da Santa Cruz

A Universidade Pontificia da Santa Cruz é unha institución universitaria situada en Roma, inaugurada o 15 de outubro de 1984. Está a cargo da Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei.

Universidade Pontificia da Santa Cruz

Tipouniversidade pontificia Editar o valor en Wikidata
Parte depropiedades da Santa Sé Editar o valor en Wikidata
MatrizOpus Dei Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°54′03″N 12°28′25″L / 41.9008, 12.4736
PaísItalia
RexiónLazio
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Roma Capital
Cidade fronteirizaRoma Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1984 Editar o valor en Wikidata
ReitorLuis Navarro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Unione romana biblioteche ecclesiastiche (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto por
Faculty of Theology of the Pontifical University of the Holy Cross (en) Traducir, Faculty of Philosophy of the Pontifical University of the Holy Cross (en) Traducir, Faculty of Social Institutional Communication of the Pontifical University of the Holy Cross (en) Traducir e Faculty of Canon Law of the Pontifical University of the Holy Cross (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBpusc.it Editar o valor en Wikidata
Correomailto:santacroce@pusc.it Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: UniSantaCroce Twitter: univsantacroce Instagram: unisantacroce.it Dialnet: 3953811 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O 9 de xaneiro de 1990, foi creado o Ateneo Romano da Santa Cruz, autorizado para impartir os estudos en teoloxía e filosofía. En 1998, tras cumprir os requisitos, o papa Xoán Paulo II outorgoulle o título de universidade pontificia.[1] En 2021 ofertaba tamén as licenciaturas de Dereito canónico e Comunicazione istituzionale (en galego, Comunicación institucional). Os graos académicos de licenciatura e doutoramento teñen validez canónica completa.

O Instituto Superior de Ciencias Relixiosas de Apolinar (ISSRA), creado en 1986 e que depende da Facultade de Teoloxía, concede o título de Licenciado en Ciencias Relixiosas co primeiro ciclo, e de Licenciado Maxistral en Ciencias Relixiosas cando se acaba o bienio da especialidade. Ten tamén un Centro de Formación Sacerdotal e un Departamento de Idiomas.

En 2005 tiña 1 400 estudantes de 97 países e en 2009, 7 000 estudantes de 102 procedencias.[2][3] Algúns deles reciben anualmente sostemento económico por parte do Centro Académico Romano Fundación (CARF) para realizar os seus estudos eclesiásticos.[4]

  1. Pontificia Universidad de la Santa Cruz (ed.). "Cronologia". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  2. "La Universidad Pontificia de la Santa Cruz celebra 20 años". Zenit.org. 11 de enero de 2005. Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  3. "University of the Holy Cross celebrates 25th anniversary". Rome Reports (en inglés). 6 de noviembre de 2009. Consultado o 22 de abril de 2018. 
  4. "Un sacerdote por 73.000 euros". ABC (España). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar