Unidos por Canarias

Unidos por Canarias é unha coalición electoral nacionalista canaria, formada polos partidos Coalición Canaria e Nueva Canarias, para concorrer ás eleccións xerais de 2011 de España.

Unidos por Canarias
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Nas eleccións autonómicas de maio de 2011 os partidos nacionalistas canarios aumentaron os seus escanos, pero víronse superados polo Partido Popular. Coalición Canaria obtivo 20 deputados e a súa escisión, Nueva Canarias, obtivo 3. Para as eleccións xerais estas dúas formacións iniciaron conversas co fin de chegar a un pacto. O 23 de setembro de 2011 chegaban a ese acordo marco co que creaban a coalición Unidos por Canarias, e situaban os seus obxectivos fundamentais[1].

Nese acordo tamén escolleron os cabezas de lista da formación, que serían Ana Oramas, de Coalición Canaria pola circunscrición de Tenerife e Pedro Quevedo, de Nueva Canarias, pola das Palmas.

  1. Unidos por Canarias Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Tenerife, 23/9/2011.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar