Unión del Pueblo Salmantino

partido político da provincia de Salamanca fundado en 2002 cunha ideoloxía salmantinista


Unión del Pueblo Salmantino (UPS, Unión do Pobo Salmantino en galego) foi un partido político da provincia de Salamanca, fundado en 2002, cunha ideoloxía salmantinista. Chegou a ser terceira forza política da provincia de Salamanca en canto a representación nas municipais.

Unión del Pueblo Salmantino
Logo
Tipopartido político
Ideoloxíarexionalismo e Liberalismo
Data de fundación2002
Data de disolución2014
SedeSalamanca
PaísEspaña
Na rede
http://www.uniondelpueblosalmantino.es/
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

O seu fundador foi José María Moreno Balmisa, antigo militante do CDS primeiro e do Partido Popular despois, co que sería deputado. En 1991, estivo implicado nun presunto caso de fraude electoral[1].

Ten comités en todas as bisbarras de Salamanca e en moitos das súas vilas e cidades. En decembro de 2005 algúns dos cargos e militantes de Unidad Regionalista de Castilla y León en Salamanca integráronse na Unión del Pueblo Salmantino (UPS).

 
Luis Fuentes, voceiro do partido

Subscribiu no 2006 un protocolo de colaboración coa Unión del Pueblo Leonés para todo aquilo que afecte a ambas as dúas provincias, se ben non comparten ideoloxía e fins, aínda que sí o concepto de Salamanca coma provincia "leonesa".[2]

Ata as eleccións municipais de 2007 tiña alcaldes nos concellos salmantinos de Garcihernández, Valdecarros, Gomecello, Juzbado, Grosa e Pastores.

Nas eleccións municipais e autonómicas do devandito ano presentou máis de 160 candidaturas na provincia de Salamanca, abranguendo máis do 80% da poboación salmantina. Aspiraban a conseguir a ruptura do bipartidismo en Salamanca e a entrar con polo menos un procurador nas Cortes de Castela e León. Os resultados, non obstante, foron máis modestos. Nas autonómicas obtivo 7.965 votos (0,52%), que non lle deron dereito a ningún procurador.[3] Nas municipais, os seus resultados foron mellores, obtendo 10.179 votos e 85 concelleiros, con maioría absoluta en seis concellos e relativa en 3 con alcaldías en: Aldeanueva de la Sierra, Ituero de Azaba, Miranda de Azán, Navalmoral de Béjar, Puente del Congosto, Serradilla del Arroyo, El Tornadizo e Torresmenudas.[4] Tamén se presentou ás eleccións europeas de 2009, na coalición Liberas-Cidadáns de España, xunto co Partido de la Ciudadanía, Libertas e o PSDE. A candidatura obtivo 573 votos (un 0,37% dos votos na provincia), sendo a sexta forza política na provincia de Salamanca.[5].

Integrouse na Coalición SI por Salamanca, xunto a Democracia y Regeneración Política e diversas asociacións veciñais da provincia de Salamanca para concorrer ás eleccións municipais e autonómicas de 2011 nas cales conseguiron 69 concelleiros e catro alcaldías con maioría absoluta. Confirmándose coma terceira forza política da provincia. Tralas devanditas eleccións a coalición foi disolta.[6] En abril de 2013 a Unión del Pueblo Salmantino incorporouse na Confederación de Agrupacións Políticas Independentes (CAPI).[7] En febreiro de 2014, a Xunta directiva de UPS por unanimidade aprobou abrir negociacións con C's sobre a integración de UPS no partido Ciudadáns-Partido da Cidadanía[8][9]. O partido celebrou en marzo de 2014 un congreso que elixiu a nova directiva do partido, renovando a Luis Fuentes no cargo de presidente do partido. A nova directiva ten a misión principal de coordinar a integración da Unión del Pueblo Salmantino en Ciudadáns-Partido da Cidadanía[10][11]

O 25 de maio de 2014, a UPS concorreu ás eleccións ao Parlamento europeo dese ano en coalición con Ciutadans debido ao acordo que asinou en abril Ciutadans coa Confederación Nacional de Agrupacións Independentes (CAPI) á cal UPS pertence. Este acordo fixo que todas as formacións políticas de CAPI participaran coaligadas con Ciutadans[12][13][14]. Os resultados das eleccións deron coma resultado que Ciutadans e os seus aliados da coalición obtivesen dous deputados e a coalición logrou 2.068 votos (3,80%) na provincia de Salamanca[15].

A UPS disolveuse en xuño de 2014, decisión tomada no último congreso da formación salmantina, non sen voces discordantes que protestaron pola desaparición destas siglas, aínda que finalmente se logrou a unanimidade e supuxo o punto final dunha formación que nacera doce anos atrás. Unha parte dos seus afiliados pasaron a formar parte de Ciudadanos.[16]

Resultados electorais editar

Resultados electorais de Unión del Pueblo Salmantino (UPS)
Ano Votos % Electos
Municipais de 2003 7.410 3,44% 58
Municipais de 2007 10.179 4,85% 85
Municipais de 2011 6.836 3,41% 69

Notas editar

  1. Moreno Balmisa declara hoxe como acusado na fraude electoral, El País.
  2. "Relatorio político de UPS". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2013. 
  3. Resultados das eleccións autonómicas de 2007 en Castela e León
  4. "Resultados das eleccións municipais na provincia de Salamanca". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2016. 
  5. Acordo do 23 de xuño de 2009, da Presidencia da Xunta Electoral Central, polo que se procede á publicación dos resultados das eleccións de Deputados ao Parlamento Europeo convocadas por Real Decreto 482/2009, do 3 de abril, e celebradas o 7 de xuño de 2009.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2013. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 24 de novembro de 2013. 
  8. http://www.icalnews.com/Mostrar.cfm/noticias/I/union/pueblo/salmantino/ups/aprueba/integrarse/ciudadanospartido/ciudadania/301580
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 06 de marzo de 2014. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 06 de abril de 2014. 
  11. http://lasarribesaldia.es/2014/03/25/luis-fuentes-nuevo-presidente-de-union-del-pueblo-salmantino/[Ligazón morta]
  12. http://www.capi-independientes.es/index.php?...capi...ciudadanos[Ligazón morta]...
  13. http://www.ciudadanos-cs.org/prensa/Ciudadanos_y_la..._/6775/
  14. alejandrobaezaserrano.blogspot.com/.../la-capi-apoya-tambien-ciudadan...
  15. http://www.elmundo.es/elecciones/elecciones-europeas/resultados/2014/08/37/p274.html
  16. http://www.elnortedecastilla.es/salamanca/201407/28/union-pueblo-salmantino-integra-20140728203056.html

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar