Coalición SI por Salamanca
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Coalición SI por Salamanca ou Sumando ilusiones (Sumando ilusións en galego) (Si) foi unha coalición política española creada por partidos salmantinos como Unión del Pueblo Salmantino, Democracia y Regeneración Política e Ciudadanos de Salamanca,[1] alén doutras agrupacións independentes con respecto ás eleccións ás Cortes de Castela e León de 2011. Unidad Regionalista de Castilla y León foi convidada a incorporarse á Coalición, desbotando a formación rexionalista sumarse á Coalición nas Municipais e Autonómicas. Tivo comités en todas as bisbarras de Salamanca e en moitos das súas vilas e cidades.
Coalición SI por Salamanca | |
---|---|
Ideoloxía | rexionalismo |
Data de fundación | 2011 |
País | España |
Na rede | |
http://www.coalicionsi.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Obxectivos
editarA agrupación naceu co obxectivo de xuntar esforzos para poder obter representación tanto a nivel local coma rexional, debido a que a existencia dunha grande diversidade de partidos provocaba que en solitario non acadasen os votos necesarios para obter representación tanto na Deputación Provincial de Salamanca coma nas Cortes de Castela e León.
Resultados electorais
editarNas eleccións municipais de 2011, a formación obtivo un total de 4 alcaldías e 69 concelleiros, 16 menos ca as obtidas en 2007 pola Unión del Pueblo Salmantino, que era a principal forza desta coalición.
Asemade non logrou obter representación ningunha nas cortes de Castela e León. Foi disolta após as eleccións
Notas
editar- ↑ [1] Arquivado 10 de setembro de 2012 en Archive.is Martín, Raúl (26 de febreiro de 2011). "La coalición Sumando Ilusiones se presenta a las elecciones ante "la desilusión hacia los políticos que nos gobiernan"" [A coalición Sumando Ilusiones preséntase ás eleccións ante "a desilusión cara os políticos que nos gobernan"]. Salamanca24horas.com' (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 24 de novembro de 2013.