Un cuento de Navidad para Le Barroux

Un cuento de Navidad para Le Barroux é un conto da escritora estradense Natalia Sanmartín Fenollera, escrito a petición da abadía beneditina de Notre-Dame de l'Annonciation du Barroux (Vaucluse, Francia), para lelo no refectorio por Nadal.​​ Publicado pola Editorial Planeta en 2020, a historia conta con ilustracións de Michaela Harrison[1].​

Un cuento de Navidad para Le Barroux
Autor/aNatalia Sanmartín Fenollera
Ilustrador/aMichaela Harrison
OrixeEspaña
Linguacastelán
Colecciónconto
Tema(s)Nadal, rosario
Xénero(s)Literatura infantil
EditorialEditorial Planeta
Data de pub.24 de novembro de 2020
Páxinas71
ISBNISBN 978-84-08-21892-0
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

A obra narra a historia dun neno orfo que, despois da morte da súa nai, lle pregunta diariamente a deus se todo o que esta lle ensinara sobre el é verdade. Durante tres anos, o neno pide fronte á estatua da Virxe María baixo a abeleira do seu xardín, que deus lle envíe sinais dende o ceo.​ É un relato sobre a beleza e o misterio do Nadal.​[2]

Notas editar

  1. Galdeano, Laura (2020-12-24). "'Un cuento de Navidad para Le Barroux', la abadía que mantiene una tradición milenaria". Libertad Digital - Cultura (en castelán). Consultado o 2021-01-27. 
  2. Ravasi, Javier Olivera. "«Un cuento de Navidad para Le Barroux». De Natalia Sanmartín Fenollera". InfoCatólica (en castelán). Consultado o 2021-01-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar