Umberto Guidoni

Astronauta italiano

Umberto Guidoni, nado en Roma (Italia) o 18 de agosto de 1954, é un astronauta italiano que formou parte das misións STS-75 e STS-100.[1][2]

Umberto Guidoni
Datos persoais
Nacemento18 de agosto de 1954
LugarRoma
Actividade
MisiónsSTS-75 e STS-100
Tempo no espazo27,63 días
PremiosMedalla o Servizo Excepcional da NASA e NASA Space Flight Medal
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Guidoni graduouse en física e ten un doutoramento en astrofísica pola Universidade de Roma en 1978. Fixo o posdoutoramento sobre física do plasma no Centro de Investigación Termonuclear do CNEN entre 1979 e 1980.[1][2]

En 1989 uniuse á Oficina de Astronautas da Axencia Espacial Italiana. Participou como especialista de carga nas misións STS-75 e STS-100. Entrou no corpo de astronautas da ESA en agosto de 1998. En xullo de 2004 Umberto chegou a ser membro do Parlamento Europeo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Guidoni, Umberto" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 ESA (ed.). "Umberto Guidoni" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar