USC Shoah Foundation

USC Shoah Foundation – The Institute for Visual History and Education, anteriormente coñecida como Survivors of the Shoah Visual History Foundation, é unha organización sen ánimo de lucro dedicado a crear contido audiovisual a través de entrevistas a superviventes e testemuñas do Holocausto (que en hebreo recibe o nome Shoah) e outros xenocidios, unha voz convincente para a educación e a acción.[1] Foi creado por Steven Spielberg en 1994, un ano despois de rematar A lista de Schindler. O obxectivo orixinal do instituto era rexistrar testemuñas de sobreviventes e outras testemuñas do Holocausto como unha escolma de entrevistas gravadas en vídeo. En xaneiro de 2006, a fundación asociouse e trasladouse á Universidade do Sur de California (USC) e foi renomeada como USC Shoah Foundation – The Institute for Visual History and Education. En marzo de 2019, o instituto celebrou a grande inauguración da súa nova sede mundial[2] no campus de USC.

Logo da fundación.
  1. "About Us". USC Shoah Foundation. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  2. "USC Shoah Foundation by Belzberg Architects". www.architecturalrecord.com (en inglés). Consultado o 2020-02-25. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar