US-PM (acrónimo de Upravlenniye Sputnik Passivny Modifikirovanny, ou Satélite Controlado Pasivamente Modificado) foi unha serie de satélites de recoñecemento mediante radar rusos.[1][2]

Características

editar

Os satélites US-PM eran versións melloradas dos satélites US-P e co seu mesmo obxectivo: vixiar os océanos, rexistrando as emisións radioeléctricas de buques civís e militares. Tamén se alimentaban mediante paneis solares e substituíron tanto aos US-P como á versión activa e alimnetada por enerxía nuclear destes satélites, os US-A. Usaba o mesmo tipo de bus que os anteriores satélites. Tiñan unha masa de 3300 kg e lanzáronse 13, todos con éxito, mediante foguetes Tsiklon-2 dende o cosmódromo de Baikonur a órbitas de 420 km de altura e 65º de inclinación orbital. Os seus substitutos son os satélites Pion-NKS.[2][1]

Historial de lanzamentos

editar
Misión[2][1] Data de lanzamento[2][1] Foguete lanzador[2][1] Notas[2][1]
US-PM 1 30 de marzo de 1993 Éxito Tsiklon-2
US-PM 2 28 de abril de 1993 Éxito Tsiklon-2
US-PM 3 7 de xullo de 1993 Éxito Tsiklon-2
US-PM 4 17 de setembro de 1993 Éxito Tsiklon-2
US-PM 5 2 de novembro de 1994 Éxito Tsiklon-2
US-PM 6 8 de xuño de 1995 Éxito Tsiklon-2
US-PM 7 20 de decembro de 1995 Éxito Tsiklon-2
US-PM 8 11 de decembro de 1996 Éxito Tsiklon-2
US-PM 9 9 de decembro de 1997 Éxito Tsiklon-2
US-PM 10 26 de decembro de 1999 Éxito Tsiklon-2
US-PM 11 21 de decembro de 2001 Éxito Tsiklon-2
US-PM 12 28 de maio de 2004 Éxito Tsiklon-2
US-PM 13 25 de xuño de 2006 Éxito Tsiklon-2
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "US-PU" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "US-PM (US-PU)" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar