US-A (acrónimo de Upravliaemi Sputnik Aktivnii, ou Satélite Controlado Activamente), coñecidos como RORSAT en occidente, foi unha serie de satélites de recoñecemento mediante radar da Unión Soviética en primeiro lugar e despois de Rusia.[1][2]

Representación artística dun US-A.

Características editar

Os satélites US-A eran satélites de recoñemento mediante radar adicados fundamentalmente a vixiar os océanos. Os requirimentos de enerxía do sistema de radar fixo que se decidira alimentalos mediante enerxía nuclear. Ao finalizar a súa misión, o compartimento do reactor nuclear separábase e era enviado a unha órbita superior para evitar que caera na superficie terrestre. A pesar diso dous dos satélites non foron capaces de enviar o seu reactor a unha órbita segura: o reactor do denominado Kosmos 954 (US-A 15) acabou caendo sobre Canadá, contaminando 124 000 km2, e o de Kosmos 1402 (US-A 22) caeu sobre o Atlántico Sur.[2][1]

Lanzáronse 32 US-A, un deles fallando en chegar a órbita. Todos foron lanzados desde o cosmódromo de Baikonur mediante foguetes Tsiklon-2. As versións pasivas dos US-A denomináronse US-P e US-PM.[2][1]

US-AO editar

Os satélites da serie US-AO foron satélites de proba para probar tódolos sistemas dos satélites US-A excepto o reactor nuclear. Estaban alimentados mediante baterías e lanzáronse cinco, cun sen conseguir chegar a órbita.[3]

Historial de lanzamentos editar

Misión[2][1] Data de lanzamento[2][1] Foguete lanzador[2][1] Notas[2][1]
US-AO 1 (Kosmos 102) 27 de decembro de 1965 Soiuz 11A510 Éxito
US-AO 2 (Kosmos 125) 20 de xullo de 1966 Soiuz 11A510 Éxito
US-AO 3 (Kosmos 198) 27 de decembro de 1967 Tsiklon-2A Éxito
US-AO 4 (Kosmos 209) 22 de marzo de 1968 Tsiklon-2A Éxito
US-AO 5 (Kosmos 265) 25 de xaneiro de 1969 Tsiklon-2A Fallo
US-A 1 3 de outubro de 1970 Tsiklon-2 Éxito
US-A 2 1 de abril de 1971 Tsiklon-2 Éxito
US-A 3 25 de decembro de 1971 Tsiklon-2 Éxito
US-A 4 21 de agosto de 1972 Tsiklon-2 Éxito
US-A 5 25 de abril de 1973 Tsiklon-2 Fallo
US-A 6 27 de decembro de 1973 Tsiklon-2 Éxito
US-A 7 15 de maio de 1974 Tsiklon-2 Éxito
US-A 8 17 de maio de 1974 Tsiklon-2 Éxito
US-A 9 2 de abril de 1975 Tsiklon-2 Éxito
US-A 10 7 de abril de 1975 Tsiklon-2 Éxito
US-A 11 12 de decembro de 1975 Tsiklon-2 Éxito
US-A 12 17 de outubro de 1976 Tsiklon-2 Éxito
US-A 13 21 de outubro de 1976 Tsiklon-2 Éxito
US-A 14 16 de setembro de 1977 Tsiklon-2 Éxito
US-A 15 18 de setembro de 1977 Tsiklon-2 Éxito
US-A 16 29 de abril de 1980 Tsiklon-2 Éxito
US-A 17 5 de marzo de 1981 Tsiklon-2 Éxito
US-A 18 21 de abril de 1981 Tsiklon-2 Éxito
US-A 19 24 de agosto de 1981 Tsiklon-2 Éxito
US-A 20 14 de maio de 1982 Tsiklon-2 Éxito
US-A 21 1 de xuño de 1982 Tsiklon-2 Éxito
US-A 22 30 de agosto de 1982 Tsiklon-2 Éxito
US-A 23 2 de outubro de 1982 Tsiklon-2 Éxito
US-A 24 29 de xuño de 1984 Tsiklon-2 Éxito
US-A 25 31 de outubro de 1984 Tsiklon-2 Éxito
US-A 26 1 de agosto de 1985 Tsiklon-2 Éxito
US-A 27 23 de agosto de 1985 Tsiklon-2 Éxito
US-A 28 21 de marzo de 1986 Tsiklon-2 Éxito
US-A 29 20 de agosto de 1986 Tsiklon-2 Éxito
US-A 30 18 de xuño de 1987 Tsiklon-2 Éxito
US-A 31 12 de decembro de 1987 Tsiklon-2 Éxito
US-A 32 14 de marzo de 1988 Tsiklon-2 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "US-A" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "US-A" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022. 
  3. Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "US-AO" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar