Tyler Ennis

baloncestista canadense

Tyler Cameron Ennis McIntyre, nado o 24 de agosto de 1994 en Brampton, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Fenerbahçe SK da Basketbol Süper Ligi turca.

Tyler Ennis
Tyler Ennis Fenerbahçe Basketball Media Day 20180925 (1).jpg
Fenerbahçe  – No. 11
Base
Información persoal
Nacemento 24 de agosto de 1994 (25 anos)
Flag of Ontario.svg Brampton, Ontario
Nacionalidade Flag of Canada.svg Canadá
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 88 kg (194 lb)
Información da carreira
Instituto Father Henry Carr
(Etobicoke, Ontario)
Saint Benedict's
(Newark, New Jersey)
Universidade Syracuse (2013–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 18
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Phoenix Suns (2014–2015)
Bakersfield Jam (2014–2015)
Milwaukee Bucks (2015–2016)
Houston Rockets (2016–2017)
Los Angeles Lakers (2017–2018)
Fenerbahçe (2018–presente)

Traxectoria profesionalEditar

O 26 de xuño de 2014, Ennis foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Phoenix Suns.[1] O 8 de agosto de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Suns.[2] Fixo o seu debut na NBA o 29 de outubro de 2014 no primeiro partido da tempada dos Suns, contra os Los Angeles Lakers, onde acadou 2 puntos, 3 asistencias e 1 tapón na vitoria de Phoenix por 119-99.[3] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Bakersfield Jam, afiliado dos Suns na NBA Development League.

O 19 de febreiro de 2015, Ennis foi traspasado xunto a Miles Plumlee ós Milwaukee Bucks, como parte dun acordo entre os Suns, os Bucks e os Philadelphia 76ers.[4] Ó día seguinte fixo o seu debut cos Bucks, facendo 4 puntos e 2 asistencias na vitoria sobre os Denver Nuggets por 89-81.[5]

O 22 de setembro de 2016, Ennis foi traspasado ós Houston Rockets a cambio de Michael Beasley.[6]

O 23 de febreiro de 2017, Ennis foi traspasado xunto os dereitos de Brad Newley ós Los Angeles Lakers, a cambio de Marcelinho Huertas.[7]

O 19 de xullo de 2018, Ennis asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe SK turco.[8]

NotasEditar

  1. Phoenix Suns select Tyler Ennis with 18th pick in NBA draft
  2. "Suns Sign First-Round Picks T.J. Warren and Tyler Ennis". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 8 de agosto de 2014. Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  3. Baum, Bob (30 de outubro de 2014). "Suns rout Lakers 119-99 despite Kobe's 31 points". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2014. 
  4. "Bucks Acquire Michael Carter-Williams, Tyler Ennis and Miles Plumlee in Three-Team Trade". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  5. "Middleton, Henson lead Bucks to 89-81 win over Nuggets". NBA.com. 20 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  6. "Rockets Complete Trade with Milwaukee". NBA.com. 22 de setembro de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2016. 
  7. "Lakers Acquire Tyler Ennis In Trade with Houston". NBA.com. 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  8. "Tyler Ennis joins Fenerbahce". euroleague.net. Consultado o 19 de xullo de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar