Txoria txori («O paxaro paxaro é») é un poema en éuscaro escrito por Joxean Artze en 1957. En 1968 Mikel Laboa musicouno e publicou a canción no álbum Bat-Hiru (1974), coa que obtivo grande éxito.

A canción tamén é coñecida como «Hegoak» («Les ailes» en francés ou «As ás» en galego), trala versión de Anne Etxegoien. En 2014 a cantante vascofrancesa conseguiu un Disco de Ouro en Francia, con máis de 60.000 copias, e estivo no top 10 dos máis vendidos no país galo.[1]

Letra editar

 
Josean Artze, autor do poema
 
Mikel Laboa, autor da melodía
En éuscaro

Hegoak ebaki banizkio
nerea izango zen,
ez zuen alde egingo.
Hegoak ebaki banizkio
nerea izango zen,
ez zuen alde egingo.

Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
eta nik...
txoria nuen maite
eta nik...
txoria nuen maite.
En galego

Se lle cortase as ás
sería meu,
non me escaparía.
Se lle cortase as ás
sería meu,
non me escaparía.

Mais así,
deixaría de ser paxaro.
Mais así,
deixaría de ser paxaro.
E eu...
eu o que amaba era o paxaro.
E eu...

eu o que amaba era o paxaro.
Joxean Artze en Txoria Txori

A letra editar

O poema que Artze escribiu con 25 anos trata sobre a liberdade e a posesión, o dominio e o respecto entre as persoas e animais. Deste xeito, expón o dilema que se presenta cando se quere a unha persoa ou un animal.

Por unha banda, pódese atar a persoa e posuíla coma unha ave nunha gaiola, co que deixa de ser a persoa (a ave) que nos fascina. Por outra banda, existe a opción de amar esa persoa na súa forma de ser natural e respectala, de forma que se quere marchar, poida facelo en calquera momento.[2]

A melodía editar

En 1968, estando Mikel Laboa e a súa muller Marisol Bastida no restaurante Aurrera de Donostia, viron impresos os versos do poema de Artze nos panos de mesa. Mikel levou un deles á casa e compuxo unha melodía para o poema.[3] A canción podíase interpretar como «un acto de resistencia contra o franquismo, que prohibía o éuscaro» e calquera lingua que non fose a castelá.[4]

Versións editar

Sobre as versións, Artze declarou sentirse emocionado de «ver tantas persoas diferentes interpretalo de maneiras tan diversas».

Artista Título Álbum Ano Discográfica
Mikel Laboa «Txoria txori» Bat-hiru 1974 Elkarlanean
L'Arcusgi «Egoak» Resistenza 1988 Ricordu
Hegoak «Hegoak» Hegoak 1989 Agorila
Etsaiak «Txoria txori» Gerra Zikina 1990 Esan Ozenki
Angel Katarain «Txoria txori (Lekeitio)» Txerokee, Mikel Laboaren Kantak 1990 Elkar
Carmen Leñero «Txoria txori» Almuerzo en la Hierba 1997 AMFM Records / Opción Sonica USA
Joan Baez «Txoria txori» Diamonds & Rust in the Bullring 1998 Gold Castle
Portobello Bones «Hasta cierto punto» Refuse to keep silence 1998 PBB/Crash Disc
Errobi Kanta «Txoria txori - Oi gu hemen» Euskal Kulturaren Mezulari - Baiona 1998 Idol/Agorila
Itxaso & Daniel Pérez with Gorka Benítez «Txoria txori» New land-Lur berria 2000 Fresh Sound-World Jazz
2B2R «L'auzel (Hegoak)» D'aïci, d'ailleurs 2003
Ester Formosa «Txoria txori» Perquè vull i altres cançons imprescindibles. 2004 Ventilador Music
Ontuak «Hegoak» Hola Festa! 2004 Idol/Agorila
Maialen Errotabehere, Mixu eta Xabaltx «Hegoak» MMX 2008 Agorila
John Kelly & Maite Itoiz, The Kelly Family «Txoria txori» The Blue Elf'S Dream - The Live Show 2009
Kepa Junkera (Pablo Milanésekin batera) «Txoria txori» Kalea 2009 Warner
Hak'Amarra «Txoria txori» Bidaian 2011 Elkar
Anne Etxegoien eta Aizkoa «Hegoak (Les ailes)» Les Voix Basques 2013 Otentik Produons /
Sony Music
Battista Acquaviva «Hegoak - Txoria Txori» Les chants de libertés 2015 Decca Records / Universal Music Group
Sonakay «Txoria txori» 2016
NAO «Txoria txori» Ata que o lume se apague 2018 Estudios Garate
Salvador Sobral «Txoria txori» 2018
Moonshine Wagon «Txoria txori» Straight from the Mud 2019 Moonshine Wagon
Isseo & Dodosound «Txoria txori» Same Love 2019 Mundo Zurdo

Notas editar

  1. Guerrero, Jose A. (19 de xaneiro de 2014). "Anne Etchegoyen triunfa en Francia cantando en euskera". Diario Vasco (en castelán). Consultado o 9 de agosto de 2017. 
  2. "Un poeme amoureux" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  3. Durán Rodríguez, José (11 de febreiro de 2018). "Mikel Laboa, el pájaro sin jaula de la música vasca". El Salto. Consultado o 16 de febreiro de 2018. 
  4. "La petite histoire" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.