Lingua tuvalesa

(Redirección desde «Tuvalés»)

O tuvalés[2] é unha lingua polinesia do grupo Elliceano, falado principalmente en Tuvalu, onde é lingua oficial. Está distantemente relacionado con outras linguas polinesias como o hawaiano, o maorí, o tahitiano, o samoano e o tongano, e está máis relacionado con idiomas falados no norte e centro de Melanesia e parte de Polinesa. Existen 13.051 falantes de tuvalés no mundo, dos cales 10.670 viven en Tuvalu. Na illa de Kioa en Fidxi habitada por colonos da illa tuvalesa de Vaitupu que chegaron a partir da segunda guerra mundial tamén se fala a lingua e constitúe a lingua de instrución.[3]

Lingua tuvalesa
Nganana Tuvalu
Falado en: Tuvalu
Fidxi
Rexións: Oceanía
Total de falantes: 13.051 (10.670 en Tuvalu)
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Centro-oriental
   Malaio-polinesia oriental
    Oceánica
     Oceánica centro-oriental
      Oceánica remota
       Pacífico central
        Fidxiano-polinesia oriental
         Polinesia
          Polinesia nuclear
           Samoica
            Eliceana
             Lingua tuvalesa
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Tuvalu Tuvalu
Regulado por: -
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: tvl
ISO 639-3: tvl
Mapa
Status

O tuvalés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Gramática editar

O sistema fonético tuvalés componse de cinco vogais (a,e,i,o,u) e 10 ou 11 consoantes (p, t, k, m, n, ng, f, v, s, h, l), dependendo do dialecto. Todos os sons existen en formas curtas e longas, que contrastan entre si. Hai catro artigos posibles en tuvalés: definido singular te, indefinido singular se, definido plural nulo e indefinido plural ne ou ni (dependendo do dialecto). O verbo pode ir no inicio ou no medio da oración, e a orde de suxeito, obxecto directo e obxecto indirecto é relativamente libre. O adxectivo xeralmente segue o substantivo.

Dialectos editar

Cada illa ou atol ten o seu propio dialecto, agrupados en dúas bandas: os dialectos do norte, que se falan en Nanumea, Nanumaga, Niutao e Niulakita; e os dialectos do sur, que se falan en Funafuti, Vaitupu, Nukufetau e Nukulaelae. Todos os dialectos son intelixibles para os tuvalu-parlantes. O idioma oficial do país toma como referencia os dialectos de Funafuti-Vaitupu.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tuvalés.
  3. Mugler, France e Lynch, John (1996). Pacific Languages in Education. Institute of Pacific Studies. p. 285. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Niko Besnier, 1995, Literacy, Emotion, and Authority: Reading and Writing on a Polynesian Atoll, Cambridge University Press
  • Niko Besnier, 2000, Tuvaluan: a Polynesian language of the Central Pacific, Routledge

Ligazóns externas editar