Tuula Ahola
tradutora finlandesa
Tuula Marjatta Ahola Rissanen, nada en Lieksa (Carelia do Norte) en 1951[1], é unha tradutora finlandesa.
Tuula Ahola | |
---|---|
Nacemento | 1951 |
Lugar de nacemento | Lieksa |
Nacionalidade | Finlandia |
Alma máter | Universidade de Helsinki |
Ocupación | tradutora |
Fillos | Tomás González Ahola |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciada en Dereito pola Universidade de Helsinqui no 1972, reside desde poucos anos despois en Cobres (Vilaboa). Tradutora de lingua finesa á galega.
É a nai de Tomás González Ahola.
Obra en galegoEditar
TraduciónEditar
- Purga, de Sofi Oksanen, 2011, Rinoceronte.
- O talón de ferro, de Jack London, 2012, Urco.
- Os botes de Gleg Carrig, de William Hope Hodgson, 2013, Urco.
- Os sete irmáns, de Aleksis Kivi, 2015, Rinoceronte.
- O ano da lebre de Arto Paasilinna, 2018, Rinoceronte. (Cotradutora con Tomás González Ahola).
Obras colectivasEditar
- Kalevala, de Elias Lönnrot, 2018, Rinoceronte. Cotradutora finlandés-galego xunto con Tomás González Ahola.
Obra en castelánEditar
TraduciónEditar
- Purga, de Sofi Oksanen, 2011, Salamandra.
NotasEditar
- ↑ Omayra Lista (17 de outubro de 2009). "Ropa de mercadillo con acento finés". El País.