Turnix hottentottus

Turnix hottentottus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Turniciformes
Familia: Turnicidae
Xénero: 'Turnix'
Especie: ''T. hottentottus''
Nome binomial
'Turnix hottentottus'
Temminck, 1815

Turnix hottentottus é unha especie de ave turniciforme da familia Turnicidae que habita na África subsahariana.

Distribución e hábitat editar

Encóntrase na maior parte da África subsahariana fóra das rexións forestais ou demasiado áridas. O seu hábitat natural son as pradarías abertas. Aínda que algunhas poboacións son sedentarias, outras realizan migracións ao norte e á zona central da súa área de distribución para reproducirse.

Descrición editar

Aínda que non están emparentadas, teñen aspecto semellante a unha paspallás coa cola curta. Esta especie ten as partes superiores de cor parda con veteado escuro e certo listado branco polos bordos das plumas, o peito de cor canela e o ventre claro. Como na maioría dos turnícidos, a femia é lixeiramente máis grande (15 cm de longo fronte aos 14 cm dos machos) e de coloración algo máis intensa que o macho.

A maior parte da súa área de distribución está ocupada pola supbespecie T. h. nanus, que ten o iris dos ollos castaño e o rabadilla negra. A subespecie nominal, T. h. hottentottus, que está confinada no fynbos costeiro de Suráfrica, ten o iris claro e a rabadilla tamén máis clara.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar