Rabadilla

Nas aves denomínase rabadilla á parte do corpo inmediatamente anterior á cara superior da cola.[1]

Rabadilla branca de Apus caffer.

En moitas ocasións a rabadilla adoita ser unha zona de cor contrastado co resto da plumaxe, polo que é unha característica moi útil para diferenciarmos as especies, o distinguirmos entre os sexos dunha mesma especie. Hai que ter en conta, porén, que moitas veces, coas ás pregadas, esta zona queda oculta.

Evolutivamente, a aparición da rabadilla está unida á do pigóstilo e as plumas rectrices.[2]

Por outra parte, en todos os vertebrados, tamén se denomina rabadilla ao extremo óseo da columna vertebral que comprende o cóccix e parte do sacro.[3]

NotasEditar

  1. rabadilla, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. Soria, D. e Aguirre, E. (1997). Registros fósiles e historia de la tierra. Madrid: Editorial Complutense. ISBN 84-8936-592-X. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  3. rabadilla, 1ª acep. no Dicionario da RAG.