Tubérculo conoide da clavícula

O tubérculo conoide da clavícula ou tuberosidade coracoide é unha formación ósea situada na parte posterior da superficie inferior da clavícula. En posición anatómica está por encima da apófise coracoide da escápula. Serve para a inserción do ligamento conoide, que participa na articulación acromioclavicular.

Tubérculo conoide da clavícula
Superficie inferior da clavícula
Latín tuberculum conoideum
Gray tema #49 200

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.