Articulación acromioclavicular
articulación do membro superior que forma parte do ombreiro
A articulación acromioclavicular é unha articulación do membro superior, que forma parte do ombreiro.
Superficies óseas
editarSuperficies cartilaxinosas
editarEntre o acromion e a clavícula interponse un menisco articular que se inclúe na articulación.
Medios de unión
editarCápsula articular
editarTen dúas circunferencias de inserción. A cranial contornea a superficie articular da clavícula. A inferior insírese na superficie acromial.
Ligamentos acromioclaviculares
editarMecánica articular
editarÉ unha articulación de estabilización do ombreiro. Presenta pequenos deslizamentos entre as superficies óseas.
Sistema de fixación
editarConsta dunha serie de ligamentos e bolsas serosas establecidos entre clavícula e a apófise coracoide da escápula, son os ligamentos coracoclaviculares:
- Ligamento conoide: ten forma triangular, de base superior (inserida na superficie inferior clavicular por fóra da canle do subclavio) e vértice inferior (inserido na parte posterior da superficie superior da coracoide).
Anexo atópase a bolsa serosa do conoide que mellora o deslizamento entre as febras.
- Ligamento trapezoide: ten forma de trapecio. Insírese na superficie superior da coracoide por fóra do conoide e na superficie inferior da clavícula por fóra das insercións do conoide.
Na parte máis caudal, ambos os ligamentos tenden a unírense.
- Outros ligamentos:
- Ligamento coracoide: non ten sentido funcional. É coma unha cinta que tapiza a incisura coracoide. A inserción externa áchase na base da coracoide e a interna no bordo superior da escápula, por dentro e por detrás da incisura coracoide. Converte a incisura en orificio coracoide. Por el pasan o nervio supraescapular e os vasos supraescapulares. Por fóra do ligamento pasa a arteria supraescapular. Cara á zona interna, as febras entrecrúzanse coas do músculo omohioide.
- Ligamento acromiocoracoide: establécese entre acromion e coracoide.
- Ligamento supraescapular.
- Ligamento espinoglenoide.
Bibliografía complementaria
editar- Netter, Atlas de Anatomía Humana
- Gray, Anatomía para estudiantes