O TuTo Hockey é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Turku (Finlandia), sendo un dos dous clubs da cidade xunto co TPS (equipo que forma parte da máxima categoría, a SM-liiga). O club foi fundado en 1929 e actualmente compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, aínda que durante varios anos competiu na máxima categoría, descendendo en 1996 (catro anos antes de que se pechara a competición). Os maiores logros da súa historia foron o campionato da Mestis en 2008 e os dous terceiros postos colleitados na SM-sarja (a antiga máxima categoría) en 1968 e 1970. Xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido tamén como OS/G Areena, un pavillón con capacidade para 2 985 espectadores.

TuTo
Fundación1929 Turun Toverit
1988 TuTo Hockey
Cidade Turku,
Finlandia Propia
Finlandia Finlandia
EstadioRajupaja Areena
(2 985 espectadores)
LigaMestis
Campionatos1 (2008)
AdestradorFinlandia Juhani Tamminen
CoresVermello, azul e branco
                 

Historia editar

En 2017 o equipo proclamouse campión da Suomen Cup. O TuTo comezou a copa finlandesa derrotando aos Haukat da Suomi-sarja (2-3), co que conseguiu o pase aos cuartos de final, onde se enfrontou ao LeKi de Lempäälä, ao que derrotou con facilidade (6-2). Para acadar o pase á final, o equipo de Turku debía superar ao Espoo United. Logo da contundente vitoria por cinco goles a cero nas semifinais TuTo enfrontouse na final a SaPKo, que viña de terse proclamado campión da Mestis. A pesar do gol inicial do equipo de Savonlinna, os de Turku acabaron gañando a final (4-1), que se disputou no seu estadio, o Marli Areena.[1]

Pavillón editar

Véxase tamén: Kupittaan jäähalli.
 
Esterior do Rajupaja Areena.

O TuTo xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido dende 2022 como Rajupaja Areena por motivos de patrocinio,[2] un pavillón con capacidade para 2 985 persoas situado no distrito de Kupittaa da cidade de Turku.[3] O equipo comparte o pavillón co equipo feminino do TPS, entre outros.[4]

O pavillón foi inaugurado no outono de 2006. O primeiro partido do TuTo no pavillón tivo lugar o 16 de novembro dese mesmo ano fronte ao HeKi.[4]

Personalidades editar

Xogadores editar

Capitáns do equipo editar

Capitáns do TuTo na Mestis
Nome Período
Vesa Lahtonen 2000-2001
Tero Forsell 2001-2003
Tuomas Jalava 2003-2004
Vikki Tammelin 2004-2006
Tapio Laakso 2006-2007
Pasi Järvinen 2007-2008
Matti-Pekka Pelkonen 2008–2011
Antti Virtanen 2011-2014
Anssi Virkki 2014
Timo Pärssinen 2014-2015
Aki Keinänen 2015-2016
Anssi Virkki 2016-2017
Hannu Kuru 2017
Niclas Lucenius 2017-2018
Jere Karlsson 2018-2021
Kristian Tuohilampi 2021-2022
Mikke Levo 2022-

Números retirados editar

 
O número 1 de Urpo Ylönen é un dos números retirados polo equipo de Turku.

Ao longo da súa historia o TuTo retirou sete números en honor a outros tantos xogadores que tiveron un papel salientable na historia do equipo.[3]

Números retirados do TuTo
Xogador Posición Carreira no TuTo Referencias
1 Urpo Ylönen G 1962-1975 [5]
4 Seppo Lindström D 1959-1970
1971-1975
1982-1983
[6]
10 Markku Vuorisalo F 1996-2003
2004-2006
2007-2009
2011-2012
[7]
16 Kari Johansson F 1963-1975
1979-1984
[8]
17 Atte Saunamäki F 1995-2003
2004-2007
[9]
20 Jouni Tuominen C
Adestrador
1988-1997 [10][11]
39 Tero Forsell F 1996-2003
2004-2009
[12]

Lendas do equipo editar

O TuTo ten nomeado ata 2022 a 76 persoas que desenvolveron un importante papel no club. Estas personalidades son denominadas Legendat (en galego Lendas).[13]

Palmarés editar

Trofeos colectivos editar

SM-sarja/Liiga
    • 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1968, 1970[14]
Mestis
  • A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo unha vez: 2008.
    • 2 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2001, 2018.
    • 5 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2005, 2006, 2013, 2014, 2019.
Suomen Cup
  • Campión: 2017.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "KULTAISIA MUISTOJA JA KESKITTYMISTÄ TULEVAAN – SUOMEN CUP ALKAA PERJANTAINA!" (en finés). TuTo Hockey. 4 de setembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  2. "Kupittaan monitoimihallista Rajupaja Areena". aamuset.fi (en finés). 4 de agosto de 2022. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "TUTO Hockey" (en finés). Mestis.fi. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "Rajupaja Areena" (en finés). rajupajaareena.fi. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  5. "URPO YLÖNEN" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  6. "SEPPO LINDSTRÖM" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  7. "MARKKU VUORISALO" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  8. "KARI JOHANSSON" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  9. "ATTE SAUNAMÄKI" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  10. "JOUNI TUOMINEN" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  11. "Jouni Tuominen" (en finés). EliteProspects.com. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  12. "TERO FORSELL" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  13. "LEGENDAT" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  14. Jääkiekkokirja 2022 (en finés). Helsinqui: Suomen Jääkiekkoliitto. p. 174. ISSN 0784-3321. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar