Tsuga
Tsuga | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tsuga heterophylla | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Tsuga canadensis Tsuga do Canadá
|
Tsuga (do xaponés ツガ, 栂); é un xénero de coníferas pertencente á familia Pinaceae que engloba as especies arbóreas coñecidas como falsos abetos. Todas a especies son árbores perennes acadando os 20 - 60 metros de altura e atopándose exclusivamente en rexións húmidas.
Hai de 8 a 10 especies dentro do xénero, dependendo da autoridade que o clasifique, con catro especies en América do Norte e de catro a seis no leste de Asia.[1][2][3][4][5]
A madeira que se obtén é importante na industria, úsase especialmente como polpa para facer papel.
Descrición
editarTsuga é unha árbore perenne de tamaño medio que acada os 20 a 65 m de altura cunha coroa cónica a irregular. A casca é de cor cinsenta a marrón.[6]
As follas son estreitas en forma de agulla de 8 a 40 mm de lonxitude e 1.5 a 3 mm de largo.[7]
Os conos de pole crecen en solitario a partir de xemas laterais. Teñen 3–5(–10) mm de longo, ovoides, globosas, ou elipsoides, e de cor branca amarelenta a púrpura clara, e nacen sobre un curto pedúnculo. Os estróbilos nacen en franzas dun ano de idade e teñen son pequenos, globoso-ovoide ou cilíndrico-oblongo, que roldan os 15–40 mm de longo, agás en T. mertensiana, onde son cilíndricos e máis longos, 35–80 mm de lonxitude; son solitarios, terminais ou raramente laterais, pénsiles, e son sésiles ou sobre un curto pedúnculo até 4 mm de longo. A madurez ocorre en 5–8 meses, e as sementes espállanse pouco despois; os conos caen pouco despois de ceibaren a semente ou até un ano ou dous despois. As escamas de sementes son delgadas, coriáceas e persistentes. Varían na forma e carecen dunha apófise e un umbo. As brácteas son incluídas e pequenas. As sementes son pequenas, de 2 a 4 mm de longo, e con ás, coas ás de 8 a 12 mm de longo. Tamén conteñen pequenas vesículas de resina adaxiais. A derminación de sementes é epixeal; as plántulas teñen de catro a seis cotiledóns.[1][2][3][4][5]
Taxonomía
editarT. mertensiana é infrecuente neste xénero en varios aspectos. As follas están menos aplanadas e dispostas todas arredor do gomo, e teñen estoma por riba e por baixo, dando á follaxe unha cor glauca; e os conos son os máis longos do xénero, 35–80 mm de longo e cilíndrico máis ca ovoide. Algúns botanistas trátana nun xénero distinto como Hesperopeuce mertensiana (Bong.) Rydb.,[8] aínda que é máis xeralmente considerada só distinta no rango dun subxénero.[1]
Outra especie, descrita primeiro como Tsuga longibracteata, agora se trata como un xénero distinto Nothotsuga; difire de Tsuga nos conos erectos (non pendurados), e conos masculinos en acios de umbelas, nestes riscos máis estreitamente relacionadas co xénero Keteleeria.[1][3]
Ecoloxía
editarTodas as especies están adaptadas a (e están limitadas a) zonas temperadas relativamente frescas e húmidas con alta pluviosidade, veráns frescos, e pouco ou ningunha escaseza de auga; tamén está adaptada aos invernos intensos con grandes nevaradas e toleran as xeadas mellor que a maioría do das árbores.[1][3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Farjon, A. (1990). Pinaceae. Drawings and Descriptions of the Genera. Koeltz Scientific Books ISBN 3-87429-298-3.
- ↑ 2,0 2,1 Rushforth, K. (1987). Conifers. Helm ISBN 0-7470-2801-X.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Earle, C. J. (2006). "Tsuga". Gymnosperm Database. Consultado o 16-05-2007.
- ↑ 4,0 4,1 Wu, Z.-Y., & Raven, P. H. (1999). "Tsuga". Flora of China. Beijing: Science Press. Consultado o 16-05-2007.
- ↑ 5,0 5,1 Taylor, R. J. (1993). "Tsuga". Flora of North America North of Mexico, Vol. 2. Oxford University Press. Consultado o 16-05-2007.
- ↑ Earle, Christopher J. (2006). "Tsuga". The Gymnosperm Database. Consultado o 16-05-2007.
- ↑ Wu, Zheng-yi; Raven, Peter H. (1999). "Tsuga". Flora of China. Beijing: Science Press. Consultado o 16-05-2007.
- ↑ Page, C. N. (1990). Pinaceae. Pp. 319-331 en: Kubitzki, K., ed. The Families and Genera of Vascular Plants. Springer-Verlag, Berlin.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tsuga |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tsuga |