True Detective
True Detective é unha serie de televisión estadounidense creada e escrita por Nic Pizzolatto. A serie, emitida pola canle HBO nos Estados Unidos, estreouse o 12 de xaneiro de 2014. Cada unha das tempadas estrutúrase nunha narrativa propia separada das outras, con novos actores, personaxes e escenarios.
True Detective | |
---|---|
![]() | |
Tipo | serie de televisión ![]() |
Xénero artístico | drama televisivo, Neo-noir, serie de televisión policíaca, drama televisivo policial e serie antolóxica ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Nic Pizzolatto ![]() |
Director/a | Cary Fukunaga ![]() |
Compositor/a | T-Bone Burnett ![]() |
Guionista | Nic Pizzolatto ![]() |
Actores
| |
Temática | |
Ambientado en | California e Luisiana ![]() |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a executivo | Nic Pizzolatto ![]() |
Compañía produtora | FOX + ![]() |
Distribuidor/a | Hulu e HBO Max ![]() |
Emisora orixinal | FOX + ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Datas | |
Comezo | 12 de xaneiro de 2014 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora ![]() |
Episodios | 30 ![]() |
Tempadas | 4 ![]() |
Composto por | |
Contacto | |
Páxina WEB | hbo.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
A primeira tempada protagonizada por Matthew McConaughey, Woody Harrelson, Michelle Monaghan, Michael Potts e Tory Kittles, ten lugar en Luisiana e segue a historia de dous detectives de homicidios na súa investigación sobre un asasino en serie durante un período de 17 anos. A segunda tempada, protagonizada por Colin Farrell, Rachel McAdams, Taylor Kitsch, Kelly Reilly e Vince Vaughn,[1][2] está ambientada en California, e céntrase en tres detectives de distintos departamenteos e un criminal metido ós negocios na súa investigación dunha serie de crimes que semellan estar ligados ó asasinato dun político corrupto.
A primeira tempada obtivo críticas positivas e tivo altos índices de audiencia, recibindo varios premios e nomeamentos. A segunda tempada tivo unha crítica máis dividida, malia que mantivo os áltos índices de audiencia.
Unha terceira tempada aprobouse en agosto de 2017, con Mahershala Ali como protagonista e Pizzolatto e Jeremy Saulnier como directores, e Pizzolatto como guionista xunto a David Milch.
Episodios
editarTempada | Episodios | Emisión orixinal | Audiencia media (millóns) | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Primeiro episodio | Último episodio | |||||
1 | 8 | 12 de xaneiro de 2014 | 9 de marzo de 2014 | 2,33[3] | ||
2 | 8 | 21 de xuño de 2015 | 9 de agosto de 2015 | 2,61[4] |
Notas
editarTodas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.
- ↑ Ausiello, Michael (9 de abril de 2015). "True Detective Season 2 Trailer Is Here!". TVLine. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ Kim, Monica (17 de xuño de 2015). "Meet the Troubled Cast of True Detective’s Season 2". Vogue. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2015.
- ↑ "True Detective: Season One Ratings". TV Series Finale. de marzo de 12, 2014. Consultado o de decembro de 2, 2014.
- ↑ Kissell, Rick (11 de agosto de 2015). "‘True Detective’ Ratings Surge in Finale, But Down 22% From Last Year". Variety. Consultado o 11 de agosto de 2015.
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |