Trompeta amarela

cogumelo

A Trompeta amarela (Craterellus lutescens[1], anteriormente Cantharellus lutescens, do latín Cantharellus diminutivo do grego kántharos: copa; do latín lutescens: que se volve amarelo, outros nomes son Cantharellus xanthopus ou Cantharellus aurora[2]), é un cogomelo que vive nos bosques de piñeiros, principalmente nos de piñeiro rubio, e é bo comestible. Medran formando grandes colonias nos musgos sombríos polo cal son moi doados de atopar. Tamén se coñecen co nome común de gulas do monte.

De chapeu moreno agrisado, nun principio convexo-umbilicado e despois embutiforme, de 3 a 6 cm de diámetro e marxe moi ondulada. A cara inferior, que é dunha bela cor laranxa suave, primeiro lisa e despois veada, sen láminas definidas, únese sen solución de continuidade co pé, da mesma cor.

A carne, que é elástica, sécase de forma doada e desprende entón un perfume intenso, de caldo de carne. Se se deixa secar de todo despois pode moerse. Tamén se pode conservar fervéndoa e despois gardándoa no conxelador.

Notas editar

  1. Index Fungorum. "Craterellus lutescens". Consultado o 15 de outubro de 2010. 
  2. Mushroomexpert.com. "Craterellus aurora". Consultado o 15 de outubro de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar