Craterellus

xénero de fungos

Craterellus é un xénero de fungos xeralmente comestíbeis semellantes aos moi aparentados cantarelos (Cantharellus), sendo algunhas especies antes incluídas nestes últimos, e sido recentemente reclasificadas neste xénero. Distínguense pola ausencia de lamelas na face interior do chapeu.

Entre as especies máis comúns en Galiza están:

C. cornucopioides, trompeta dos mortos ou trompeta negra, de cor escura, case negra, de aspecto pouco apelativo, mais bastante saboroso.

C. tubaeformis, trompeta con pregamentos, en forma de trompeta mais de cor amarela acastañada.

C. lutescens, trompeta amarela, semellante a C. tubaeformis mais de cor máis viva.

Todas estas especies son empregadas comercialmente e, ao contrario de Cantharellus, poden ser facilmente conservadas enxugándoas.

EspeciesEditar

Cantharellaceae
Craterellus

Craterellus cornucopioides

Craterellus aureus

Craterellus verrucosus

Craterellus peckii

Craterellus tubaeformis

Cantharellus

Pseudocraterellus

Pterygellus

Parastereopsis

Goossensia

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar