Trofeo Jari Kurri

O Trofeo Jari Kurri no Suomen Jääkiekkomuseo (Tampere).

O Trofeo Jari Kurri (en finés Jari Kurri -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e recoñece o mellor xogador durante os play-offs. O gañador é elixido pola Jääkiekon SM-liiga Oy. É similar ao Trofeo Lasse Oksanen, entregado pola liga cada ano ao mellor xogador da liga regular, e ao Kultainen kypärä (en galego casco dourado) entregado pola Asociación de Xogadores ao mellor xogador da SM-liiga.[1] Recibe o seu nome en honor do ex xogador de Jokerit e varios equipos da National Hockey League (NHL) Jari Kurri.

NomeEditar

Véxase tamén: Jari Kurri.

Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Jari Kurri recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo finés. Este trofeo foi nomeado en honor ao ex xogador Jari Kurri, quen comezou a súa carreira como xogador no Jokerit de Helsinqui na SM-liiga, e posteriormente competiu na National Hockey League (NHL) vestindo a camisola de Edmonton Oilers, Los Angeles Kings, New York Rangers, Mighty Ducks of Anaheim e Colorado Avalanche. Kurri foi ademais internacional coa selección finesa e é considerado o mellor xogador finés da historia, sendo membro do Hockey Hall of Fame dende 2001 e dos Suomen Jääkiekkoleijonat (introducido co número 113), e foi considerado como un dos 100 Mellores Xogadores da NHL.[2][3][4]

HistoriaEditar

O Trofeo Jari Kurri entregouse por primeira vez na tempada 1993-94, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi Ari Sulander, do Jokerit de Helsinqui, que se proclamou campión finés ese mesmo ano por terceira vez na súa historia.[1][5] Tan só Niklas Bäckström gañou o trofeo en máis dunha ocasión, conseguíndoo dúas veces de xeito consecutivo xogando no Kärpät de Oulu en 2004 e 2005.[6] En 2001 Jussi Tarvainen converteuse no único xogador que gañou o trofeo sen pertencer ao equipo que se proclamou campión finés.[7][8]

En 1997 Otakar Janecký converteuse no primeiro xogador non nado en Finlandia en recibir o trofeo, e tiveron que pasar nove tempadas ata que na tempada 2005-06 outro xogador non nado en Finlandia, Miika Wiikman, nado en Suecia e con dobre nacionalidade sueca e finesa, recibise o trofeo.[9]

En 2007 o trofeo foi entregado por primeira vez na súa historia logo do partido decisivo da final.[10] Na tempada 2008-09 produciuse un feito estraño, xa que foi a primeira e única vez ata o momento na que dous xogadores recibiron o recoñecemento, xogando ademais ambos na mesma posición e no mesmo equipo, porteiros do JYP Jyväskylä, que se proclamou campión esa tempada por primeira vez na súa historia.[11][12]

O trofeo non foi entregado por primeira vez na súa historia debido a que na tempada 2019-20 non se disputaron os play-offs pola suspensión da Liga por mor da pandemia por coronavirus.[13]

GañadoresEditar

 
Ari Sulander foi o primeiro xogador en gañar o galardón na tempada 1993-94.
 
O xogador checo Otakar Janecký foi o primeiro xogador nado fóra de Finlandia en conseguir o Trofeo Jari Kurri.

Un total de 26 xogadores diferentes recibiron o Trofeo Jari Kurri dende que este se introduciu na tempada 1993-94:

      Trofeo compartido.       Tempada cancelada.

Tempada Equipo Xogador Nacionalidade
1993-1994 Jokerit[14] Ari Sulander   Finlandia
1994-995 TPS Saku Koivu   Finlandia
1995-1996 Jokerit Petri Varis   Finlandia
1996-1997 Jokerit Otakar Janecký   República Checa
1997-1998 HIFK Olli Jokinen   Finlandia
1998-1999 TPS Miikka Kiprusoff   Finlandia
1999-2000 TPS Tomi Kallio   Finlandia
2000-2001 Tappara Jussi Tarvainen   Finlandia
2001-2002 Jokerit Kari Lehtonen   Finlandia
2002-2003 Tappara Esa Pirnes   Finlandia
2003-2004 Kärpät Niklas Bäckström   Finlandia
2004-2005 Kärpät Niklas Bäckström (2)   Finlandia
2005-2006 HPK Miika Wiikman   Suecia/  Finlandia
2006-2007 Kärpät Janne Pesonen   Finlandia
2007-2008 Kärpät Tuomas Tarkki   Finlandia
2008-2009 JYP Pekka Tuokkola e Sinuhe Wallinheimo   Finlandia
2009-2010 TPS Ilari Filppula   Finlandia
2010-2011 HIFK Toni Söderholm   Finlandia
2011-2012 JYP Jani Tuppurainen   Finlandia
2012-2013 Ässät Antti Raanta   Finlandia
2013-2014 Kärpät Juhamatti Aaltonen   Finlandia
2014-2015 Kärpät Joonas Donskoi   Finlandia
2015-2016 Tappara Patrik Laine   Finlandia
2016-2017 Tappara Jukka Peltola   Finlandia
2017-2018 Kärpät Julius Junttila[15]   Finlandia
2018-2019 HPK Otto Paajanen   Finlandia
2019-2020
Non entregado

Galardóns por equipoEditar

Kärpät é o equipo cuxos xogadores gañaron máis veces o trofeo, cun total de seis xogadores distintos galardoados para un total de sete trofeos para o equipo de Oulu. Xogadores doutros sete equipos gañaron o Trofeo Jari Kurri:

Equipo Nº de xogadores Total trofeos
Kärpät 6 7
Jokerit[a] 4 4
TPS 4 4
Tappara 4 4
JYP 3 3
HIFK 2 2
HPK 2 2
Ässät 1 1

NotasEditar

  1. Jokerit deixou a SM-liiga na tempada 2013-14 para pasar a competir na Kontinental Hockey League a partir da tempada 2014-15.[16]
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  2. "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de xaneiro de 2020. 
  3. MacKinnon, John. "Jari Kurri: 100 Greatest NHL Players" (en inglés). NHL.com. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  4. Blevins, Dave (2012). The Sports Hall of Fame Encyclopedia (en inglés). Rowman & Littlefiel. p. 550. ISBN 9780810861305. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  5. "JOKEREIDEN SAAVUTUKSET" (en finés). Jokerit.com. Consultado o 1 de abril de 2020. 
  6. Seppänen, Antti (10 de xuño de 2016). "Niklas Bäckström ja Juhamatti Aaltonen HIFK-paitaan" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  7. "2000-01 SM-liiga Playoff Results" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  8. "2000-01 Tappara Tampere roster and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  9. "STEWART SECURES WIIKMAN" (en inglés). Coventry Blaze. 15 de agosto de 2018. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  10. "Janne Pesonen playoffsien paras pelaaja" (en finés). Liiga.fi. 12 de abril de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  11. Seppänen, Antti (2 de febreiro de 2018). "Perinnesarja, osa 36: JYP vihdoinkin Suomen mestari 2009" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  12. "Briefly in English" (en inglés). JYP Jyväskylä. Consultado o 1 de abril de 2020. 
  13. "Liiga kausi päättyy välittömästi" (en finés). Liiga.fi. 13 de marzo de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  14. "Jari Kurri -palkinto" (en finés). SM-liiga.fi. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2013. Consultado o 01 de marzo de 2020. 
  15. "Näin Liiga palkitsi kauden parhaitaan – Kärppien kultaluotsista vuoden valmentaja" (en finés). kiekkoareena.fi. 2 de maio de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  16. "Jokerit Helsinki Statistics and History [KHL]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de marzo de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar