Tritón do Montseny

Tritón do Montseny
BennyTrapp Montseny-Gebirgsmolch Calotriton arnoldi Montseny-Gebirge Spanien.jpg
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Caudata
Familia: Salamandridae
Subfamilia: Pleurodelinae
Xénero: Calotriton
Especie: C. arnoldi
Nome binomial
'Calotriton arnoldi'
Carranza & Amat, 2005
Distribución de C. arnoldi

Distribución de C. arnoldi

O tritón do Montseny (Calotriton arnoldi) é unha especie de anfibio descrita a finais do 2005.[2] Trátase da única especie vertebrada endémica de Cataluña e o único urodelo endémico da península Ibérica.[3] Atópase en perigo de extinción.[4][5]

MorfoloxíaEditar

Dun tamaño aproximado de 10 cm de longo e co lombo de cor marrón, e ás veces con manchas amarales. O ventre é pálido, cunha mancha branca na gorxa.[6] Por toda a pel presenta pequenas rugosidades, coroadas por pequenas manchas negras. Está estreitamente relacionado co tritón pirenaico (C. asper). O tritón do Montseny foi observado por vez primeira no macizo do Montseny en 1979 e durante moitos anos foi considerada a mesma especie que o tritón pirenaico. No 2005, estudios científicos confirmaron a separación de ambas especies.[6] Coma outros urodelos, o seu ciclo vital transcorre totalmente dentro da auga.

HábitatEditar

Resulta moi difícil de atopar, vive nos cursos de auga nas partes máis remotas e de difícil acceso do Montseny. Require dunhas condicións ambientais excelentes: augas frescas e osíxenadas, limpas e con fondos pedregosos. Habitualmente rodeado por florestas de aciñeiras, faias ou especies típicas das riveiras dos ríos.[6]

Proxecto LifeEditar

O proxecto Life Tritón do Montseny levarase a cabo entre os anos 2016 e 2020.[6] Promove diversas accións para garantir a supervivencia da especie e a conservación do seu hábitat. Unha das accións máis importantes é a da cría en catividade. Deste xeito aumentando a poboación da especie, garantirase a súa reserva xenética e poderanse levar introducións controladas con tal de aumentar a súa distribución xeográfica.[6] Ademais do Parque Natural do Montseny tamén se realiza a cría desta especie no zoo de Barcelona, no Centre de Fauna de Pont de Suert e no Centre de Fauna de Torreferrussa.[6]

NotasEditar

  1. Salvador Carranza & Iñigo Martínez-Solano. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Bueno, David. "L'arbre de la vida" (PDF). La Classificació dels éssers vius (en catalán) (UB). Consultado o 11 de setembro de 2011. 
  3. "El tritó del Montseny, descobriment d'una raresa amagada". La Sitja del Llop: 9. outubro de 2006. Consultado o 7 de marzo de 2015. 
  4. Diari Ara (28 de novembro de 2014). "Alliberen cent nous tritons del Montseny per evitar la seva extinció". 
  5. Carranza, Salvador; Amat, Fèlix (2008). Cas d'estudi. Diferenciació morfològica i genètica del tritó del Montseny a la conca de la Tordera (en catalán). Institut d'Estudis Catalans. pp. p. 411–417. ISBN 8472839834. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Varios (18 de outubro de 2019). "El tritó del Montseny" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2019. Consultado o 18 de outubro de 2019.