Parque Zoolóxico de Barcelona

(Redirección desde «Zoo de Barcelona»)

O Parque Zoolóxico de Barcelona ou Zoo de Barcelona é un zoo de Barcelona situado no Parque da Ciutadella. Este lugar foi elixido porque os edificios do parque xa estaban dispoñibles logo da Exposición Universal de 1888. Foi inaugurado o 24 de setembro de 1892, coincidinco do día da Mercè, patroa da cidade. O Parque ten tres obxectivos: a conservación, a investigación e a educación. Os primeiros animais chegaron procedentes da colección privada de Lluís Martí i Codolar.

Parque Zoolóxico de Barcelona


Tipoparque zoolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°23′16″N 2°11′28″L / 41.387883, 2.191194
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónParc de la Ciutadella Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación24 de setembro de 1892 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie13 ha Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Director/aSito Alarcón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais785.992, 870.370, 1.007.343, 1.049.376, 1.102.280 e 1.113.724 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Contacto
Páxina WEBzoobarcelona.cat Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O zoo de Barcelona conta cunha das coleccións de animais máis importantes de Europa. Durante anos, concretamente desde 1966 ata o ano 2003 a estrela do Zoo foi o famoso Floco de Neve, único gorila albino coñecido.

En 2009 comezaron as obras de remodelación do Zoo situado na Ciutadella e as obras do novo Zoo Mariño, que desdobrará as instalacións dos hábitats terrestres e mariños.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar